Zúric

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Zúric

02-05-2012

Zúric é a capital e cidade máis poboada de Suíza. Está próxima aos Alpes e destaca pola súa distribución: está rodeando un precioso lago.
Zúric tamén resalta por ser unha das capitais mundiais das finanzas, algúns dos máis importantes bancos do mundo teñen sede na cidade, e a lenda di que debaixo das súas rúas hai toneladas de ouro.
Pero Zúric tamén ten outros alicientes: é o centro cultural de Suíza, posúe moitas zonas verdes, un casco antigo ben conservado e foi galardoada co título de cidade con mellor calidade de vida do mundo en dúas ocasións, segundo diferentes organismos. Será por iso que moitos famosos teñen domicilio nalgunha das fermosas casas á beira do lago de Zúric.

Galegos en Zúric

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Claudio González

Ten 38 anos e é natural do Porriño pero xa con dez anos tivo que marchar para Suíza. Na actualidade está casado cunha peruana, ten dous fillos e vive nunha casa con vistas ao lago de Zürich. É o dono do Toro Bar, en pleno casco antigo. Con Claudio damos unha volta pola zona antiga e o río, ademais de coñecer os mellores lugares para ir de festa.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Francisco Nogueiras

Orixinal de Lamas (Xinzo de Limia), leva 41 anos en Zürich. Ten unha empresa de limpeza con 37 traballadores e foi presidente da Asociación de Promoción da Cultura Galega en Suíza. Con el visitamos a coñecida “Costa de Ouro”, a zona dun lado e outro arredor do lago, onde teñen casa personaxes famosos como Tina Turner ou George Clooney.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Fátima García

Ten 38 anos e é natural de Carballo, marchou a Suíza para casar con quen actualmente é o seu marido, fillo de emigrantes. Traballa nun xardín de infancia e goza moitísimo do seu traballo. Ademais remodelaron a escola e puxéronlle un nome ben galego: “Xuntos”. Con Fátima e mailo seu marido coñeceremos Appenzell, unha fermosa zona de montaña, que dá nome a un dos mellores queixos suízos.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Marcos García

Con 33 anos, é de Vilagarcía, aínda que seus pais emigraron a Suíza cando era pequeno, polo que se criou cun pé en Galicia e outro en Suíza. Despois viaxou por diferentes lugares: Londres, Madrid, París… Pero finalmente por cuestións laborais regresou a Zürich. Traballa nunha canle de deportes suíza como redactor e produtor. Paseamos con Marcos pola zona antiga de Zürich e alí coñeceremos ao seu amigo Carlos Abad, coñecido como Gran Purismo, un rapeiro de Pardeconde (Ourense), que nos ha levar a Schaffhausen, un lugar precioso con fervenzas e unha fortaleza.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Lara Esteban

Ten 25 anos e é orixinal da Coruña. Leva 1 ano traballando en Suíza como organizadora de viaxes para xente australiana e americana e encántalle vivir alí. Aínda así di que ao principio foi complicado porque os suízos son moi pechados, pero en seguida botou man dos españois que tiña ao seu redor. Con Lara damos unha volta en barco e probamos algunhas das especialidades culinarias que ofrece a cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]