Xenebra

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Xenebra

7-10-14

Xenebra é a capital do Cantón do mesmo nome en Suíza. Os seus 191.803 habitantes convértena na segunda cidade máis poboada do país despois de Zürich.
Unha tribu celta da Galia foi a primeira poboación que ocupou o territorio que actualmente abarca a cidade.
Xenebra é sede de máis de 250 organizacións internacionais non gubernamentais: a Orga-nización Mundial do Traballo, a Organización Mundial da Saúde e o Foro Económico Mundial entre outras. Ademais, o seu cantón alberga o CERN, o maior centro de investigación nuclear do mundo.
Xenebra é chamada a “capital da paz”. En 2009 foi nomeada a terceira cidade con maior calidade de vida do mundo, pero tamén é das 10 máis caras.

Galegos en Xenebra

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Xabier Cid

Tras rematar o seu doutoramento, o compostelán Xabier Cid conseguiu unha praza como investigador no prestixioso CERN. Ano e medio despois, recíbenos no seu traballo, acompáñanos á zona vella e vemos as vistas dende a Catedral de San Pedro.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Andrés Muiño

Andrés Muiño leva 33 anos en Xenebra. Deixou Santa Comba aos 15 para buscar un traballo e acabou sendo o propietario dunha empresa de servizos. Con el descubrimos a altísima fonte do Lago Lemán, paseamos por Quai Gustave e amósanos a particularidade da súa casa: un hórreo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

María Pulleiro

María Pulleiro fixo as maletas con 16 anos e acabou en Xenebra. Alí coñeceu ao seu marido que, no seu tempo libre, pinta cadros con crema de zapatos. Con ela imos ao Mercado Plainpalais e facemos unha excursión en barco polo lago.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

José Manuel Cal

O cariñés José Manuel Cal chegou á cidade hai 25 anos. Agora traballa como supervisor no Aeroporto Internacional de Xenebra. Con el vemos o reloxo das flores, imos á rúa das reloxerías e asistimos un partido de fútbol do equipo que adestra formado nun 90% por galegos.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Roberto Nieto

Roberto Nieto chegou a Xenebra hai un ano en busca dun futuro mellor. 6 meses despois uníuselle a súa moza e agora teñen os dous un bo traballo. Hoxe imos á Praza das Nacións, percorremos Carouge e paseamos polo barrio dos pitufos.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]