Xamaica

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Xamaica

28-11-2012

Xamaica é un país e unha illa do mar do Caribe. Foi española ata 1655 e despois formou parte do Reino Unido, ata que alcanzou a súa independencia en 1962. Na actualidade ten unha poboación similar á galega, aínda que na metade de superficie.

Xamaica goza dun clima tropical con moita calor e humidade, pero debido ás súas montañas interiores sufre con moita menos asiduidade o paso dos furacáns. Conta cunha paisaxe espectacular conformada por extensas praias de area fina na costa, e unha vexetación e riqueza natural moi importante no interior. Todo isto fixo que sexa un lugar turístico de primeiro nivel.

Ademais Xamaica é un lugar intrinsecamente ligado a unha música e a un artista, trátase da música reggae, e de Bob Marley. Nos últimos anos parece que a tendencia vai cambiando e aquí agora tamén son moi famosos os atletas, primeiro Ben Johnson e na actualidade Usain Bolt.

Galegos en Xamaica

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Vanesa Pico

Naceu en Vigo e despois de andar moito polo mundo acabou en Xamaica, onde xa leva 5 anos e traballa como guía turístico. Debido a isto, ninguén mellor ca ela para acompañarnos a Falmouth e á incrible Lagoa Luminosa, onde podemos ver a auga alumeando en plena noite. Ademais presentaranos ao seu marido, a Vanesa encántalle o bo trato dos xamaicanos, tanto, que casou cun deles.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Jose Luis Caneiro

Ten 32 anos e é de Valdoviño. Pasa a vida de viaxe entre diferentes puntos do Caribe debido ao seu traballo, é directivo dunha cadea hoteleira. Josiño, como lle chama todo o mundo, amosaranos como é un auténtico resort de luxo no Caribe, ademais da cidade turística de Montego Bay.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Víctor Caride

É de Santiago de Compostela, ten 29 anos e bota moito de menos á familia e a comida galega, pero compénsao con espectáculos naturais como os que ofrece Xamaica. Con el veremos Negril, que ten unha praia incrible coa típica estampa caribeña.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Pazos

A personalidade máis importante de Xamaica foi historicamente o artista Bob Marley. Marley foi o máximo expoñente da música reggae e da cultura rastafari. Na actualidade estalle gañando terreo o atleta Usain Bolt, todo un ídolo nacional. Para saber un pouco máis destes dous mitos acompañámonos deste padronés

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Diego Camp

Unha das atraccións turísticas máis importantes de Xamaica son as Dunn´s River Falls, unhas fervenzas espectaculares polas que podemos camiñar. Imos intentalo con este coruñés de 25 anos que entrou en Xamaica con bo pé, xa que coñeceu á súa moza o primeiro día nada máis chegar.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]