Viena

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Viena

07-07-2011

Viena, outrora fogar de personaxes como Mozart, Beethoven ou Freud, é a capital da arte por excelencia. O centro é testemuña do seu poderoso pasado: a través de impoñentes edificios e palacios, podemos sentir cómo o tempo se detén. Cidade cosmopolita onde as haxa, Viena incorpora un crisol de identidades culturais dende hai centos de anos. É todo un pracer pasear polas súas rúas repletas de cafés, bares e pastelerías. Os numerosos parques, a vida musical… fan da capital de Austria un destino único.

Galegos en Viena

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Rosalía Fraga

Ten 27 anos e é da Coruña. Estudou Tradución e Interpretación e a procura de novas experiencias levouna á Oficina de Turismo da Embaixada de España en Viena. Con ela imos ao Café Mozart, no que se reúnen intelectuais e escritores dende 1794. Tamén visitamos o Palacio Belvedere, o cal acolle unha das obras máis emblemáticas de Klimt, “O Bico”.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Belén Vallina

Ten 27 anos e naceu en Ourense. Mandou o currículo á ONU porque quería vivir en Viena, coa sorte de que a chamaron. Belén será a nosa guía pola Axencia Internacional da Enerxía Atómica das Nacións Unidas, un complexo de tres edificios onde traballan máis de catro mil persoas.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Noelia Castiñeira

Ten 23 anos e é de Tui. Con 19 anos fixo as maletas para estudar violín no Conservatorio de Música de Viena, cidade na que aínda vive. Noelia e o seu mozo galego-cubano amosarannos os grandes teatros vieneses, como o Musikverein, cunha das salas con mellor acústica do mundo.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Eurídice Márquez

Ten 27 anos e é de Santiago de Compostela. Coñeceu ao seu mozo austríaco en Granada estudando Ciencias Políticas e decidiu ir a traballar a Viena. Hoxe en día traballa na Organización Internacional para as Migracións (OIM) na loita contra a trata de persoas. Da man de Eurídice veremos a Viena máis imperial. Visitaremos Hofburg, o palacio da dinastía dos Habsburgo durante 600 anos.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Guillermo Pérez

Ten 28 anos é de Vigo. Este enxeñeiro industrial vigués quedou namorado de Viena tras estudar na cidade a través dunha bolsa Erasmus. Ao rematar os seus estudos, atopou traballo na cidade e dende entón está tan cómodo que non pensa en marchar a curto prazo. Con el visitaremos o Cemiterio Central de Viena, o máis grande de Europa, con máis de tres millóns de tumbas.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Lucía Martínez

Ten 24 anos e naceu en Vigo. Hoxe en día perfecciona o seu alemán traballando como aupair para unha familia vienesa. Lucía goza desta etapa da súa formación na compaña dun grupo de amigos do máis internacional. Con eles subiremos nas atraccións máis atrevidas do parque Prater, o máis antigo do mundo en activo.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]