Varsovia

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Varsovia

30-05-2012

A historia recente de Varsovia é tráxica. Foi arrasada durante a II Guerra Mundial e o recordo dese momento histórico segue vivo na memoria da cidade. Por iso ten un casco antigo moi especial, pois foi reconstruído de novo pedra a pedra, e tan ben feito, que a Unesco declarouno Patrimonio da Humanidade. Os seus pazos e edificios históricos chaman a atención dos visitantes. A cidade conta tamén con multitude de parques grandes e ben coidados onde os varsovianos gustan de facer exercicio ou pasear. A día de hoxe Varsovia converteuse nunha cidade moderna e chea de vida. Abundan os rañaceos na súa zona comercial e é todo un referente económico en Europa xa que moitas empresas e axencias internacionais teñen a súa sede aquí.

Galegos en Varsovia

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Laura Vidal

Ten 25 anos e é de Ferrol. Traballa de profesora de español en Varsovia. Chegou alí cunha bolsa Erasmus, pero quedou para traballar e mellorar o seu polaco. Achegámonos á escola de español na que traballa e imos con ela a facer unhas compras pola zona máis comercial.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Telmo Diz

Atopou á súa parella en Varsovia cando foi estudar e agora xa leva 5 anos. Natural de Tui, Telmo coordina e dá clases nunha Escola. Con el coñecemos a zona comunista de Varsovia, na que hai moito que ver.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Eduardo Touzón

É de Vigo e ten 30 anos. Fixo as oposicións para mestre pero non tivo sorte e decidiu emigrar. Agora é profesor de español. Dende que chegou a Varsovia tenta coñecer ao máximo a cidade e outras partes do país. Con Eduardo imos a un mercado de antigüidades, ao Museo da Sublevación, e tamén, de festa nocturna.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Gil Arias

Ten 56 anos, é de Anllo (Lugo), e leva 6 traballando en Varsovia como directivo dunha empresa. Antes estivo traballando co antigo ministro José Antonio Alonso, e tivo un cargo na Policía Nacional. Non vivira fóra de Galicia antes, polo que os comezos en Varsovia foron complicados: a comida, o clima, o novo entorno de traballo… A súa muller tamén atopou traballo na embaixada e xa foi vivir con el. Con Gil Arias damos un paseo e vemos o Pazo de Belvedere e o chamado Pazo sobre a Auga.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ana Garrido

É natural de Vigo, ten 31 anos e leva un ano en Varsovia. Estudou filoloxía galega e traballa como lectora na Universidade. Di que marchou case sen pensalo, e cando see deu conta xa estaba alí coa neve ata os xeonllos. Ela di que cambia a neve pola humidade de Santiago. Con Ana visitamos o Campus Universitario e o Barrio de Praga.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Nogueiras

Ten 40 anos, é de Silleda, e traballa como mestre na Universidade de Varsovia. Non lle gusta nada o estrés da cidade pero encántalle a vida anónima do estranxeiro porque di que ademais alí son ben recibidos. Coñece moi ben a gastronomía polaca, por iso imos xantar con el e maila súa muller, que é polaca.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]