Vancouver

Vancouver

28-10-14

A cidade canadense de Vancouver localízase no suroeste da provincia da Columbia Británica
e conta con máis de 600 000 habitantes. Recibe o seu nome do dun explorador que foi o que
a fundou, George Vancouver.
Considerada unha das cidades con mellor calidade de vida do mundo Vancouver é unha
cidade tranquila pero de contrastes: nela pódense ver dende xente en bikini na praia a cumios de
montañas nevados
É tamén unha das cidades máis caras do mundo e a terceira en produción de filmes, a nivel
global.
Vancouver é unha cidade cosmopolita que conta cunha poboación hispanofalante de máis
de 10 000 persoas. Os letreiros informativos de Vancouver atópanse xeralmente escritos en tres
linguas: o inglés, o francés e o chinés.

Galegos en Vancouver

Roberto García

Despois de saír das Pontes e pasar 12 anos en Vigo, o xornalista Roberto García acabou chegando
a Vancouver coa intención de practicar o inglés. Traballa nun colexio para estudantes internacionais
e conta a súa experiencia en Vancouver a través dun blog. Con el imos ó xardín chinés do
Dr. Sun Yat-Sen e a Davie Street, o barrio gay.

Ghotchi Piñeiro

Ghotchi Piñeiro realmente chámase Patricia pero de pequena puxéronlle este nome por ser activa
e intranquila seica, coma un “tamagotchi”. Despois de rematar a carreira, e con só 27 anos, marchou
para Vancouver. Alí lévanos dar unha volta en barco e ver os tótems do Stanley Park.

Daniel A. Ponte

Daniel A. Ponte é da Lama e ten 32 anos. El nunca pensara acabar vivindo fóra pero un día decidiu
pedir unha bolsa para aprender inglés e quedou encantado de Vancouver. Agora traballa aquí
como enxeñeiro nunha empresa de eficiencia enerxética. Con el visitamos os cumios de Whistler,
onde tiveron lugar os Xogos Olímpicos de Inverno de 2010.

Beatriz Pascual

Beatriz Pascual é unha arquitecta da Coruña que leva 2 anos en Vancouver. Marchou para aquí
polo traballo do seu home pero acabou traballando na mesma empresa que el. Da súa man visitamos
Kitsilano e averiguamos o que é un “japadog”.

Anaïs Martín

Texto Invitado Anaïs Martín coñeceu o carpinteiro Bob e decidiu irse para Vancouver con el. Aquí traballa como enfermeira formando parte da sanidade pública do país. Con esta amante da natureza achegámonos o Lynn Canyon Park e rematamos o paseo en Gastown.

Making Of

Mais información

Comparte este destino