Turín

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Turín

20-05-2013

Turín atópase no norte de Italia e foi a primeira capital italiana dende o ano 1861 ao 1865. Frecuentemente considerada o berce de Italia por ser o lugar de nacenza de ilustres políticos que contribuíron á unificación do país, como o Conde de Cavour, é a cuarta cidade italiana en base á súa dimensión por detrás de Roma, Milán e Nápoles.

Capital da rexión de Piamonte, situada na marxe esquerda do río Po e rodeada polos Alpes, Turín foi tamén a plataforma de despegue de destacadas empresas italianas como Telecom Italia, Lancia, Kappa, Martini & Rossi ou Fiat, polo que tamén se lle coñece como a capital automo-bilística de Italia.

Turín é moi coñecida polo seu tradicional aperitivo, semellante á tapa española, o que constitúe un rito diario ineludible para os turineses. Tamén se lle atribúe a esta urbe a invención do Vermouth e a consecución do paso do chocolate do estado líquido ao sólido a finais do século XVIII. Ate entón o chocolate era consumido só como unha bebida. O chocolate típico de Turín é o Gianduiotto do que derivou o Bicerín, un licor ao chocolate moi recomendado.

Coñecida tamén pola súas vastas cultura e historia, Turín asóciase principalmente co seu equipo de fútbol, a Juventus de Turín, o club de fútbol máis importante de Italia e un dos máis importantes de Europa.

Relacionada cunha curiosa superstición, hai en Turín unha visita obrigada para todo visitante, a Praza San Carlo, onde se deberán pisar os xenitais do touro de bronce que se acha inserido no chan, xusto en fronte do Café Torino, se se quere ter boa sorte.

Galegos en Turín

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Liliana Rey

É unha coruñesa de 33 anos que leva xa 10 en Turín, e que é especialista en Restauración Artística. Con ela vemos o importante legado artístico da cidade e o seu lugar de traballo, o Centro de Restauración Venaria Reale

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Óscar Vallo

É un estudante de xornalismo nacido na Coruña que está completando os seus estudos en Turín. Vive con italianos, así que pode gozar dun dos grandes alicientes de Italia, a comida. Con el paseamos polo centro da cidade, coñecemos a Mole Antoleniala e tomamos o clásico aperitivo turinés.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Trinidad Fernández

É de Vigo e leva 10 anos no lugar. Asegura que a ela, de Turín, gústalle todo. Levaranos a coñecer dúas xoias da arquitectura italiana que están preto da cidade: a Abadía Sacra de San Michel e o Pazo de Stupinigi

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

María Antonia Menéndez

É de Rubiá, en Ourense e leva case 43 anos en Turín onde casou e tivo dous fillos, aínda que segue a visitar Galicia unha vez ao ano para visitar a familia. Coñece moi ben a cidade e vainos levar ao mercado ao aire libre máis grande de Europa: o mercado Porta Palazzo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Rosalía Martín

É de Cabana de Bergantiños, e leva 11 anos en Turín. Facendo súa a máxima Galicia calidade! bota moitísimo en falta o peixe e o marisco galego, pero a cambio goza cos xeados e co café italiano, especialmente o capuccino. Quedamos con ela para navegar no río Po.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]