Toronto

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Toronto

20-07-2012

Toronto é a capital da provincia de Ontario e a cidade máis grande de Canadá. Ademais é a maior cidade do mundo en porcentaxe de residentes non nacidos no propio lugar.

Por ser a capital económica de Canadá, Toronto é considerada unha das principais cidades financeiras do mundo. É líder en moitos dos sectores de importancia, como o económico, o de servizos, telecomunicacións, arte, cine, televisión, investigación médica, ou mesmo en educación.

A pouco máis dunha hora de Toronto están as fervenzas do Niágara, un impresionante torrente de auga que fai fronteira entre Canadá e os Estados Unidos.

Para vencer o frío en Toronto teñen a cidade soterrada, toda unha urbe debaixo da terra cunha temperatura e humidade estable, na que hai tendas, rúas e restaurantes.

Galegos en Toronto

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

José Miguel Veiras

É natural de Abegondo (A Coruña), ten 60 anos e leva 36 en Toronto, o que vén sendo, literalmente, media vida. Emigrou a Suíza aos 18 anos e despois a Canadá. O feito de saber 6 idiomas axudoulle a atopar traballo nunha empresa de seguros facéndolles de tradutor a moitos inmigrantes que chegan a Toronto e aínda non dominan o inglés. José Miguel é o noso guía no Barrio das Destilerías e na Cidade Soterrada.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Gil

Ten 31 anos e é de Vigo, pero trasladouse a Toronto por traballo. Manuel está facendo o post-doutoramento en bioloxía nun dos mellores laboratorios que hai na súa especialidade. Estará tres anos na Universidade de Toronto investigando para intentar mellorar a vida dos enfermos de diabetes. Recollemos a Manuel na súa casa, onde vive coa súa moza Natalia, tamén galega, e con el visitamos Queens Park e o Parlamento, ademais da Universidade e do Paseo Marítimo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Josefina López

Contable de 68 anos e natural de Ferrol, leva xa 38 vivindo en Canadá. Debido ao traballo do seu marido viviron antes noutras cidades como en Sudbury ou Ontario, pero finalmente remataron en Toronto. Con ela facemos unha das visitas obrigadas, imos á casa Loma, un castelo que esconde moita historia entre as súas paredes.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Belén Varela Noya

Con 34 anos, esta santiaguesa leva catro anos traballando como encargada de cociña nun restaurante en Toronto. Aínda que nun principio non foi isto o que a levou ata alí, senón o seu marido, que é nado en Canadá. Quedamos con ela en High Park para que nos ensine diferentes lugares de Toronto.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ignacio Romero

Ten 60 anos e é natural de Lousame (A Coruña). Hai 37 anos que traballa como empresario en Toronto. Vive coa súa muller, que é de Boiro, e cos seus fillos. Con Ignacio temos a oportunidade de ter un punto de vista moi diferente de Toronto: dende un helicóptero. Visitamos tamén con el as fervenzas do Niágara e os seus arredores.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]