Tánxer

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Tánxer

14-10-2014

Tánxer é unha cidade marroquí situada ao norte do país, a unha hora e media en coche de Tetuán e Ceuta, respectivamente. É unha cidade costeira que linda co estreito de Xibraltar, e que conta con 700 000 habitantes, máis que a Coruña e Vigo xuntos.
Historicamente Tánxer foi unha praza importante a nivel estratéxico, e estivo baixo o dominio de moitos países ata que finalmente pasou a formar parte de Marrocos. A pegada máis importante disto vese no feito de que na actualidade en Tánxer é posible estudar en 5 sistemas educativos diferentes (o norteamericano, o español, o francés, o marroquí, e o británico), habendo institutos e escolas de cada un deles.
Durante a segunda guerra mundial Tánxer foi un niño de espías e comerciantes, atraídos pola neutralidade da cidade. Máis tarde foron escritores e artistas variados os que se deixaron seducir pola beleza da arquitectura de Tánxer, da súa medina e o seu zoco.

Galegos en Tánxer

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Miguel Romero

Miguel Romero é de Narón, ten 50 anos e leva 1 en Tánxer. A crise obrigouno a deixar Galicia e a buscar oportunidades de negocio fóra. Un amigo faloulle de Tánxer e alí está intentando empezar de novo cunha empresa. Con el visitamos a espectacular zona do Cabo Espartel e damos un paseo en camelo pola praia.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ana Belén Caride

Ana Belén Caride e o seu home viñeron a Tánxer a montar un taller de costura porque era máis competitivo. Esta ourensá leva 3 anos en Marrocos e está moi adaptada á vida alí. Encántalle a luz deste país. Con Ana visitamos a fermosa vila de Asilah.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Martín Castiñeiras

Martín Castiñeiras é de Pontecesures e leva 8 anos xa vivindo en Tánxer, onde dirixe unha empresa metalúrxica. Con el coñecemos a mestura do mundo árabe coa pegada que deixaron aquí os españois durante o protectorado.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Santiago Agrelo

Santiago Agrelo é o arcebispo de Tánxer desde hai sete anos. É natural de Asados en Rianxo e a pesar de levar moito tempo fóra sempre regresa á Terriña para oficiar unha misa o día da patroa de Rianxo, A Guadalupe. Imos ver como é un día calquera deste galego nun posto de tanta importancia. Empezamos ás seis e media da mañá nun dos seus múltiples traballos, oficiar misa para unhas irmás na capela do Hospital italiano.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Mari Carmen Couceiro

Mari Carmen Couceiro ten 51 anos e leva 7 en Tánxer. Chegou dende a Coruña a Marrocos por amor e acabou vivindo en Tánxer, onde traballa no sector téxtil. Con ela aprendemos a arte do regateo nun dos zocos da cidade, e amósanos unha das comidas máis típicas alí, o cuscús.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]