Sydney

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Sydney

30-01-2014

Sydney é a cidade máis antiga, grande e poboada de Australia, con 4,5 millóns de habitantes. É a capital do Estado de Nova Gales do Sur e o asentamento da primeira colonia británica en Australia.
Sydney é unha das cidades máis multiculturais do mundo. Os seus habitantes, os sydneysiders teñen, na súa maioría, antepasados británicos e irlandeses, aínda que tamén italianos, gregos e de países asiáticos.
A cidade ten un gran movemento cultural e de entretemento: a icónica Ópera, a compañía de Danza, os estudios da FOX, o Instituto Nacional de Arte Dramático… e acolleu importantes eventos deportivos como os Xogos Olímpicos de 2000 ou a Copa Mundial de Rugby de 2003, entre outros.

Galegos en Sydney

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Xabier Vázquez

A Xabier Vázquez ofrecéronlle facer o doutorado en microbioloxía en Sydney e non o pensou dúas veces. Co vigués de 29 anos imos a Chinatown a probar o Hot Pot, ao centro financeiro, á zona máis cara da cidade e á coñecidísima Ópera House.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ramón García

Entre Canadá e Australia, Ramón García elixiu Sydney para marchar á aventura. Nun principio ía pasar unha temporada e volver, pero leva xa 32 anos asentado na illa. Hoxe paseamos polo barrio de The Rocks, damos un paseo en barco pola baía e rematamos cun pícnic en Clarks Point.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ana Freijo

Ana Freijo, lucense de 26 anos, decidiu ir a Sydney coa súa mellor amiga polo difícil de atopar traballo do seu en Galicia. Hoxe, 10 meses despois, combina os seus estudos de máster cun traballo como monitora de natación. Ela espéranos na praia máis famosa da cidade, Bondi Beach, e lévanos a pasar un día cos seus amigos galegos facendo voleibol.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

David García

As súas inquietudes persoais levaron a David García a emigrar cara Sydney. O compostelán atopou traballo como manager de vendas nunha empresa brasileira e hoxe, 3 anos despois, amósanos as vistas dende a Sky Tower, e lévanos a ver aos animais máis famosos de Australia: os koalas e os canguros.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Noel Trillo

Noel Trillo e a súa moza Mónica fixeron as maletas e decidiron ir a Sydney a estudar os seus másters. Ambos son, ademais, voluntarios nunha chea de asociacións. Co amesán escalamos o Harbour Bridge, percorremos o Centennial Park e rematamos na súa casa, en pleno campus universitario.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]