Stuttgart

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Stuttgart

02-12-2013

Stuttgart, a cidade dos enxeñeiros, é a capital do estado federado Baden-Wutemberg e a sexta cidade máis grande de Alemaña con 600.000 habitantes.
Stuttgart ten dúas universidades, escolas técnicas e é a sede de varios institutos de investigación. O lema da cidade é «Standort Zukunft» que significa «cando os negocios atopan o futuro».
En 1945 a cidade foi destruída case na súa totalidade polos bombardeos dos aliados. Hoxe, o distrito de Cannstatt constitúe a súa parte máis grande e antiga. A fundación de Stuttgart remóntase ao século I d.C., unha cidadela romana que constituía unha das posicións máis importantes da zona.
Stuttgart é a porta de entrada á Selva Negra, rodeada de cerros, bosques e viñedos. De aí a súa imporante cultura vinícola. Ademais, ten os segundos mellores baños termais europeos.
Stuttgart está considerada unha das cidades máis verdes de Europa e conta con máis de 40 salas teatrais, 30 galerías de arte e 3 museos de envergadura.

Galegos en Stuttgart

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Moncho Seage

Ten 38 anos e marchou hai 4 a Stuttgart por dúas razóns: o seu doutoramento sobre morcegos galegos e a súa muller. Este ferrolán ten as chaves da cidade, literalmente. É o que ten ser carteiro da Deutsche Post. Hoxe acompañámolo na súa ruta repartindo cartas e imos con el ao Castelo Hohenzollern.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Javier Paz

Stuttgart é o berce dos enxeñeiros, e por iso Javier Paz decidiu facer aquí o seu Erasmus. O coruñés amósanos as curiosidades arquitectónicas da cidade e lévanos a tomar unha cervexa nunha típica Biergarten.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Juan Nogueira

Leva 12 anos en Stuttgart, onde traballa como enxeñeiro. Hoxe imos con el e a súa muller aos museos da Mercedes e da Porsche. Para rematar o día comemos uns pementos de padrón e un polbo a feira nun restaurante rexentado por un galego.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Chus Bello

A 40km de Stuttgart atópase Tübingen, unha fermosa vila medieval onde nos espera Chus Bello. Esta compostelá é tradutora e profesora na prestixiosa universidade de Tübingen, e quen mellor ca ela para amosarnos por onde pasa o camiño de Santiago. Ademais de visitar o corazón da vila, imos ata o Castelo e dar un paseo en barca polo río Neckar acompañados polos seus fillos.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Katy Esperón

Enxeñeira e enóloga de Vilagarcía de Arousa, leva ano e medio en Stuttgart traballando nunha adega. Tras un baño nas famosas termas de auga de carbono, acompañámola a uns viñedos para coñecer se realmente o alvariño vén de Stuttgart, ou se non é máis ca unha lenda.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]