Sicilia

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Sicilia

20-03-2015

Sicilia é a maior illa do mar Mediterráneo e atópase situada ao sur de Italia. Conta con máis de 5 millóns de habitantes, o que a converte, despois de Malta, na illa máis densamente poboada do Mediterráneo.  Entre as súas cidades máis importantes están Palermo, Catania e Siracusa.

A pesar de pertencer a un país desenvolvido como é Italia, a illa de Sicilia conserva moito do seu encanto tradicional, cunha gran parte da súa poboación dedicándose a oficios tradicionais. Ademais o carácter insular fai que a nivel cultural, social e económico, Sicilia manteña particularidades propias distintas da Italia   continental.

Palermo é a capital de Sicilia e conta, xunto coa súa área metropolitana con 1 millón de habitantes. É un dos principais centros turísticos debido principalmente ao seu casco histórico, no que se poden visitar monumentos de todas as épocas. Destacan en Palermo a súa catedral, a praza Quattro Canti, o extraordinario Teatro Massimo, ou as catacumbas dos Capuchinos.

O sol é a praia son outros dos alicientes de Sicilia, de feito, moi preto de Palermo está a praia de Pondello, un dos mellores lugares para gozar coas augas do Mediterráneo.

Galegos en Sicilia

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Inés Aguiar

A coruñesa  é licenciada en Dereito e, mentres non atopa traballo do seu, está en Italia coidando nenos e aprendendo o idioma.  Vive en Siracusa dende hai 2 meses e nese tempo xa lle deu para coñecer ben a cidade. Lévanos ver o máis importante de Siracusa, especialmente a catedral e a praza de Arquímedes.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ángel Guisano

A capital de Sicilia é a fermosa e decadente Palermo. O seu centro histórico é espectacular e alí está o Teatro Massimo, un dos templos mundiais da ópera. Vemos Palermo con él, un ferrolán de 27 anos que está na cidade facendo prácticas nunha ONG desde hai 4 meses.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Cristina Conde

Ten 25 anos e é de Lugo. Leva dous anos en Sicilia onde atopou un traballo fixo como directora financeira. Ela lévanos ver unha das súas paixóns: a música. Cristina canta nunha coral na Chiesa della Magione de Palermo, coñecida Igrexa pola súa arquitectura e por ser unha das máis solicitadas para facer vodas.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Beatriz Santiago

A illa de Sicilia está coroada polo Etna, un volcán en activo que ten en vilo á cidade que está ós seus pés, Catania. Alí traballa esta ferrolá desde hai tres anos, e xa está acostumada a convivir co ruxir case diario do volcán. Con ela damos unha volta por Catania, e vemos a diferenza entre as praias públicas e privadas.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Laura Lois

É de Ortigueira e ten 22 anos. Leva xa 6 meses en Sicilia estudando dereito. Neste tempo xa lle deu para descubrir que a gastronomía desta illa mediterránea é moi rica e variada. Ela amósanos  un auténtico mercado siciliano para coñecer o produto local e saber algo máis dos seus costumes.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of

Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]