Santo Domingo

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Santo Domingo

07-11-2012

Santo Domingo é a capital da República Dominicana e unha das maiores cidades do Caribe. Conta con máis de 2 millóns de habitantes e foi fundada por Bartolomé Colón, irmán de Cristóbal Colón, no 1496, no que constituíu o primeiro asentamento europeo en América.

Sen desprenderse do seu pasado colonial, Santo Domingo é na actualidade unha cidade moderna, e núcleo económico do país. Unha capital chea de vida e, tamén, moi coñecida polo ron e a festa.

Situada no medio do Mar Caribe, Santo Domingo goza dun clima moi benigno, con abundantes choivas e calor. O malecón, a praia de Boca Chica, e as Covas dos 3 Ollos son visitas obrigadas para o turista.

Galegos en Santo Domingo

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Greg Mateos

É un coruñés que leva dous anos traballando en Santo Domingo. Ao principio chamáballe a atención a calma coa que fan todo os dominicanos, pero ao final acabou por adaptarse a este ritmo de vida. El amosaranos as Covas dos tres Ollos, e daremos un paseo pola zona colonial.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Alejandro Pozo

É de Vigo e ten 36 anos. Dá clases de fútbol nun colexio internacional e chegou a Santo Domingo para empezar unha nova vida. El levaranos por unha das rúas máis coñecidas da cidade, a rúa El Conde.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Joaquín Cambeiro

É de Vilagarcía e leva case 27 anos en Santo Domingo onde fundou unha empresa téxtil. Bota moito de menos a comida galega, pero a cambio gústalle moito o carácter dos capitaleños, que é como lle chaman aos habitantes de Santo Domingo. Con el coñeceremos un dos produtos máis importantes do país: os puros.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

José López

Constanza é unha vila interior a pouca distancia de Santo Domingo. Aquí a xente dedícase sobre todo á gandería e á agricultura, e nós imos coñecer o lugar da man de José López, un galego que coñece ben estas terras, xa que leva toda unha vida na República Dominicana.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Uxío Lis

Leva 13 anos na República Dominicana, e xa ten familia e tres fillos aquí. É un gran amante dalgúns dos produtos da gastronomía local: sancocho, mangú de plátano maduro, mofongo… etc. Coñeceremos con el a praia de Guibia e un dos bailes favoritos neste país: o merengue.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Adrián Alonso

É un coruñés que leva ano e medio en Santo Domingo. Traballa nun hotel, e desde a súa terraza ten o privilexio de gozar dunhas vistas incribles. Ao principio non podía co tráfico da cidade pero agora xa se vai afacendo. Con el visitaremos a praia de Boca Chica.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]