Santiago de Chile

6932_chile

Santiago de Chile

22-04-2013

Santiago de Chile é o principal núcleo urbano do país, unha das poucas capitais do mundo nas que se pode gozar tanto da praia, a uns 100 quilómetros, como do esquí, a uns 50. Áchase na área central de Chile entre o Océano Pacífico e a Cordilleira dos Andes, montañas que poden divisarse dende case calquera recuncho da cidade.

Santiago conta co parque urbano máis grande de Chile e un dos máis grandes do mundo, o Parque Metropolitano de Santiago, cunha extensión aproximada de 722 hectáreas de espazos verdes. Nel atópanse dous dos cerros máis importantes da cidade, o Santa Lucía e o San Cristóbal, que constitúen unha singularidade ao atopárense inseridos na rexión metropolitana.

Malia que a produción vinícola chilena é centenaria non é ata as últimas décadas do século XX cando os viños chilenos conseguen posicionarse entre os mellores do mundo, cultivando principalmente variedades francesas con técnicas de maduración e ensamblaxe perfeccionadas. Tanto os viños como as froitas chilenas tiveron recoñecemento internacional pola súa calidade e boa selección. A bebida tradicional é o pisco sour.

Na actualidade Santiago é o centro cultural, administrativo e financeiro de Chile. Con 6.000.000 de habitantes figura como a segunda metrópole sudamericana máis segura.

Galegos en Santiago de Chile

Making Of


Mais información

function mfTempOpenSection(id){var block=document.getElementById("mf-section-"+id);block.className+=" open-block";block.previousSibling.className+=" open-block";}

Coordenadas: 33°26′16″S 70°39′01″O / -33.43778, -70.65028

Santiago de Chile, oficialmente Santiago, é a capital da República de Chile. Foi fundada por Pedro de Valdivia o 12 de febreiro de 1541 co nome de Santiago de la Nueva Extremadura.

A cidade de Santiago comprende a conurbación da Grande Santiago, composta por 34 comunas. Non existe un goberno metropolitano para a cidade. Cada comuna encárgase das funcións administrativas, tributarias e regulatorias correspondentes, así como da administración dos servizos de saúde e educación.

A poboación de Santiago segundo o Censo de 2002 é de 6,4 millóns de habitantes na súa área metropolitana. É a cidade máis poboada do Chile, o que resultou nun medre sen planificación, e que ademais absorbeu parte dos mellores terreos de cultivo da zona centro do país.

Demografía

Evolución da poboación de Santiago de Chile entre 1860 e2020.
Alameda del Libertador Bernardo O'Higgins, principal arteria da capital chilena.

Santiago de Chile ten unha poboación que, segundo o Instituto Nacional de Estatísticas de Chile no ano 2003 chegaba ós 6.269.629 habitantes. A poboación da cidade sufriu un grande medre ao longo do século XX: en 1907 a cidade tiña 383.587 habitantes; 1.010.102 en 1940, 2.009.118 en 1960 e 3.899.619 no ano 1982.

Santiago experimentou durante o século XX un grande aumento demográfico sendo determinante a súa condición de capital. Absorbeu sucesivamente a migración proveniente dos campamentos mineiros do norte de Chile durante a crise económica dos anos 1930; e na década dos 40, a constante chegada de poboación desde os asentamentos rurais.

Nun primeiro momento esta poboación tivo que asentarse nos coñecidos como cités, lugares de vivendas comunitarias preferentemente situadas nas zonas próximas ao centro da cidade. As posteriores inmigracións provocaron o nacemento de poboacións callampas e tomas de terreos para o florecemento dos campamentos. Durante os últimos anos foron desaparecendo en gran medida, grazas á axuda do goberno e institucións solidarias como Un Techo para Chile, sendo substituídos por vivendas sociais nas comunas da periferia.

As clases acomodadas que tradicionalmente habitaran as rúas céntricas (Toesca, Av. Brasil, República, París, Londres etc) comezaron a migraren a partir dos anos 1930 cara ao sector oriental da capital, conformándose no lado nororiental o chamado Barrio Alto (ou zona oriente), con características de cidade xardín, primeiro nas comunas de Providencia e Ñuñoa, logo nas actuais comunas de Las Condes e Vitacura, e actualmente no sector de La Dehesa, comuna de Lo Barnechea.

Porén, nos últimos anos houbo un lento proceso de emigración cara a terreos máis rurais, como El Arrayán e Chicureo na zona nororiente, Lonquén na zona surponiente e Pirque na zona suroriente, debido á parcelización dos campos e aos novos condominios exclusivos.

Pero o groso da poboación pertence á clase media, a cal comezou a nacer durante o século XX. Actualmente domina os sectores periféricos e centrais da cidade, grazas ao nacemento dos barrios construídos en comunas como La Florida, Maipú e Puente Alto (as comunas máis poboadas do país na actualidade, superando os 400 mil, 500 mil e 600 mil habitantes respectivamente), e en departamentos nas zonas centrais grazas ao subsidio de renovación urbana, nas comunas de Santiago e San Miguel. O acceso ao consumo e crédito máis os beneficios estatais ao sector inmobiliario permitiron un explosivo boom da construción en todas as comunas mencionadas anteriormente.

Cidades irmás

A cidade de Santiago firmou diversos protocolos de irmandamento, dentro das cales atópanse:

Ademais, Santiago pertencen á rede de Mercocidades, firmada por 180 urbes dos países membros do Mercosur,[15] e da Unión de Cidades Capitais Iberoamericanas (UCCI), protocolo asinado por tódalas cidades capitais de Iberoamérica máis Barcelona e Río de Janeiro.[16]

Galería de imaxes

Notas

  1. Greater Municipality of Ankara. "List of the Sister Cities and 5th May Europe Day Celebration" (en inglés). Consultado o 12/12/2007. 
  2. Ciudad Autónoma de Buenos Aires. "Convenios de hermanamiento" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-06-13. Consultado o 12/12/2007. 
  3. Municipalidad de Guayaquil. "GYE en el Mundo/Ciudades Hermanas". Consultado o 12/12/2007. 
  4. Chile Asia Pacífico - BCN (2 de noviembre de 2007). "Santiago se hermana con Hefei". Consultado o 12/12/2007. 
  5. Офiцiйний портал Київської мiської влади. "Перелік Угод" (RTF) (en ucraniano). Consultado o 12/12/2007. 
  6. Ayuntamiento de Madrid. "Relaciones internacionales: Relación de ciudades" (DOC). Consultado o 12/12/2007. 
  7. City of Miami (2005). "Programa Ciudades Hermanas". Consultado o 12/12/2007. 
  8. City of Minneapolis. "International connections" (en inglés). Consultado o 12/12/2007. 
  9. Mairie de Paris. "Les pactes d'amitié et de coopération" (en francés). Consultado o 12/12/2007. 
  10. Chile Asia Pacífico - BCN (8 de agosto de 2007). "Santiago y Beijing firman hermandad". Consultado o 12/12/2007. 
  11. El Periódico de Extremadura (23 de febrero de 2007). "Plasencia y Chile sientan las bases de su hermanamiento". Consultado o 12/12/2007. 
  12. Municipalidad de Riga. "Rīgas sadraudzības pilsētas" (en letón). Consultado o 12/12/2007. 
  13. Secretaria Municipal de Relações Internacionais. "As Cidades-Irmãs de São Paulo" (en portugués). Consultado o 12/12/2007. 
  14. Municipio de Querétaro (26 de febrero de 2008). "Boletín No.100/2008". Consultado o 8/06/2008. 
  15. Mercociudades. "Ciudades miembros". Consultado o 12/12/2007. 
  16. Ayuntamiento de Madrid. "Unión de Ciudades Capitales Iberoamericanas". Consultado o 12/12/07. 
source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Santiago_de_Chile

Comparte este destino

Alba González GallegoSantiago de Chile