San Paulo

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

San Paulo

06-05-2013

San Paulo, cunha poboación de case 21 millóns de habitantes (incluíndo a súa área metropolitana) é a maior cidade do hemisferio sur, a segunda de América, despois de México D.F., e unha das máis poboadas de todo o globo. Debido á súa extensa área urbana, esta urbe de contrastes posúe dende rexións altamente poboadas e verticais ate barrios residenciais horizontais de baixa densidade poboacional, o que provoca que moitos dos seus habitantes descoñezan algunhas zonas do seu propio municipio.

Alcumada polos brasileiros como a cidade que non pode parar e considerada como a mellor cidade para facer negocios en América Latina, San Paulo é o principal centro financeiro de Brasil e un dos maiores a nivel mundial.

A cidade atópase a menos de unha hora de praias como Santos, Guarujá ou Maresias, mais nela destaca o turismo de negocios por riba do recreativo. Aínda así, o turismo cultural e de ocio ten a súa presenza na economía de San Paulo debido a eventos internacionais como a Bienal de Artes de San Paulo, a San Paulo Fashion Week ou a Carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 que se celebra no circuíto de Interlagos.

Galegos en San Paulo

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Francisco Cotón

Do Cachopal, no concello coruñés de Oroso, leva 55 anos no Brasil. Despois de traballar de carpinteiro e de chapista, montou un taller do que aínda non se dá retirado, a pesar de estar xubilado. Quedamos con el no museo do fútbol de San Paulo para dar unha volta pola cidade e acabar ceando na súa casa con toda a familia.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Isa Tomé

San Paulo é unha cidade que destaca pola súa constante actividade, día e noite. Os mercados de rúa son do máis animado e a cesta da compra non sae tan cara. Quedamos nun deles con Isa Tomé, unha outense de 33 anos que xa leva dous na cidade dando clase de galego. Con ela tamén veremos un magnífico atardecer.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ramón Portas

De 64 anos e natural de Baión, é un exemplo de home que se fixo a si propio. Cando tiña 10 anos metérono nun barco en Vigo e mandárono para Brasil. Agora, 54 anos despois, pódese permitir xogar ao tenis e ao golf e ter unha casa na praia. Precisamente estes recunchos son os que nos amosa Ramón.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Jorge Míguez

Na Avenida Paulista está o Instituto Cervantes. Alí traballa de profesor de español Jorge Míguez, un silledense de 40 anos que xa leva en Brasil 13 anos. A Avenida Paulista, A Praça da Sé ou O Patio do Colexio son algúns dos lugares que coñeceremos da súa man.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Óscar Curros

O parque do Ibirapuera é un pulmón verde no medio da inmensa cidade de San Paulo, e un auténtico ximnasio ó aire libre. Quedamos alí con Óscar Curros, un xornalista de Santiago de Compostela que leva aquí sete anos e que nos mostrará a súa última afección: a capoeira.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]