San Francisco

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

San Francisco

28-03-2015

Situada na costa oeste dos Estados Unidos, San Francisco é a décimo terceira cidade do país en número de habitantes, con case 840 000. Unha cidade fundada por un misioneiro franciscano e na que destaca a súa famosa ponte, a Golden Gate.
En San Francisco rodáronse filmes de tanta sona coma algúns dos de Star Trek e Instinto Básico e tamén se fixeron os efectos visuais da Guerra da Galaxias.
Actualmente é unha cidade cunha alta calidade de vida e cunha economía centrada no turismo.
Arredor do 40 por cento dos residentes en San Francisco son inmigrantes e, entre eles, destacan os de procedencia chinesa. A Chinatown desta cidade é o barrio chinés máis antigo de América do Norte e esta é a maior comunidade de orixe chinesa fóra do país asiático.

Galegos en San Francisco

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Juan Puig

Juan Puig é un informático coruñés de 27 anos que, despois de pasar por Londres, Suecia e Singapur,acabou encontrando o seu lugar en San Francisco. Alí está traballando como deseñador web dende hai 2 anos con outro amigo galego. Con Juan imos en barco visitar Alcatraz e o seu faro, o máis antigo da costa oeste. Tamén coñecemos o seu lugar de traballo, no centro da cidade, e maila súa casa.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Pablo Álvarez

Pablo Álvarez é un tudense de 31 anos que marchou para os Estados Unidos vender software galego. Da súa man coñecemos a empresa na que traballa, con outros cantos galegos, incluído o xefe. Tamén visitamos un bosque de secuoias e maila Chinatown.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

María Reigosa

Con só 22 anos María Reigosa decidiu ir para San Francisco estudar un mestrado en educación infantil e, de paso, traballar como coidadora de nenos. Con ela imos a Twin Peaks e coñecemos algún dos locais máis singulares do barrio do Castro.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Jacobo Tarrío

Jacobo Tarrío é un compostelán, formado na Universidade da Coruña, que cumpriu co soño de calquera informático: traballar en Google. Con el visitamos Sillicon Valley, sede mundial das empresas de novas tecnoloxías, e imos ao Museo da Informática para coñecer a historia destes aparellos.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Jacobo Barreiro

Jacobo Barreiro empezou a súa andaina profesional como músico pero cambiou totalmente de terreo e agora é especialista en efectos visuais en San Francisco. Da man de quen deseñou escenarios de “A Guerra das Galaxias” imos a Alamo Square e mais ó Golden Gate Park.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]