Salvador, O

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Salvador, O

13-06-2012

O Salvador é un país pouco máis grande que a metade de Galicia pero con máis do dobre de poboación. Ten a densidade poboacional máis alta de todo o continente americano.

A diversidade cultural é unha das principais características do país, onde se mesturan as culturas maya, lenca, nahua, ulúa, española e outros grupos étnicos minoritarios.
O seu nome en idioma indíxena é Cuscatlán que significa “terra de xoias”, e xoias son as que atopa o visitante cando coñece este pequeno país. Sobre todo, un atractivo turístico inmenso baseado no seu entorno natural, dunha beleza inigualable, e no seu clima. E tamén, nuns salvadoreños cálidos e sempre amables cos viaxeiros.

Recentemente O Salvador está experimentando un rexurdir importante da súa economía.

Galegos no Salvador

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Antía Domínguez

Ten 27 anos e é natural da Guarda. Antía chegou ao Salvador cunha Bolsa de Cooperantes do Estado Español, e leva un ano traballando alí. Destaca o carácter amable da xente, sempre sorrinte, e tamén a tranquilidade en comparación co ritmo estresante da vida en calquera país de Europa. Con Antía visitamos o peirao de pesca artesanal e algunhas das praias máis fermosas da zona.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Xulio López

Natural de Ourense, ten 39 anos e é biólogo. Chegou hai 7 meses para traballar cunha ONG española. En breve ten que volver a Galicia, así que trata de gozar ó máximo esta experiencia única. Xulio rompe cos tópicos e destaca o traballadora que é a xente no Salvador. Con el imos a Jiquilisco, á praia La Tirana en cayuco, e a xantar en Montecristo. Unha xornada natural moi completa.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Sara Ramírez

É de Pontevedra, ten 32 anos e leva 5 no Salvador. Traballa como consultora para UNICEF, na xestión de organizacións sociais. O seu tempo libre dedícao a actividades culturais, moita praia e escapadas de fin de semana a vilas fóra da cidade. Con ela visitaremos o mercado da capital, un lugar cheo de vida onde se pode comprar de todo.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Germán Marón

Natural de Samos, chegou ao Salvador escapando de facer o servizo militar en Marrocos. Agora ten 79 anos e leva 58 no lugar, onde preside unha importante empresa farmacéutica.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Carmen Cristina Álvarez

Ten 48 anos, é orixinal de Vigo e traballa no Banco Interamericano de Desarrollo. Vivía en Nova York cando foi enviada ao Salvador polas Nacións Unidas para supervisar os acordos de paz trala guerra civil. O que ía ser un lugar de paso converteuse no seu fogar, pois finalmente acabou casando cun comandante da guerrilla. Con Carmen faremos unha excursión á vila colonial de Suchitoto.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Cristina Sangil

É de Triacastela (Lugo) e ten 31 anos. Viaxou ao Salvador para traballar como cooperante e xa leva un ano e medio alí. Gústalle que o Salvador sexa un país pequeno porque pódese coñecer ben en moi pouco tempo. Con ela coñeceremos o centro de San Salvador e faremos unha paradiña para tomar algo nun café interesante.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]