Salvador de Baía

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Salvador de Baía

21-07-2011

Salvador é unha das cidades máis fermosas do mundo. Debido a este feito e a unha serie de características únicas, é un dos principais destinos turísticos a nivel internacional. Famosa pola súa historia e a hospitalidade da súa xente, a capital de Baía atrae cada ano a visitantes de todas partes.
Salvador divídese na Cidade Alta e a Cidade Baixa. O Elevador Lacerda vai dun nivel a outro e ofrece excelentes vistas sobre Pelourinho, barrio caracterizado polas súas rúas peonais e polos edificios pintados de cores. Pasear, descubrir tendas, restaurantes e outros lugares de interese é toda unha experiencia. Como epicentro da cultura brasileira, Salvador posúe unha vibrante escena musical, que xunto co clima tropical e a vexetación exuberante fan deste punto do planeta un lugar perfecto para perderse.

Galegos en Salvador de Baía

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Maximino González

Ten 77 anos e é da Lama, Pontevedra. Leva 61 anos en Brasil. Comezou traballando de panadeiro, pero cos anos converteuse nun importante empresario de transporte en Salvador. Aínda que xa está xubilado, vai cada día á oficina. Maximino levaranos a probar a moqueca, un prato típico similar á caldeirada de pescada.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Victoria Espiñeira

Ten 61 anos e naceu en Vigo. É a vicedirectora da Facultade de Filosofía na Universidade de Salvador. Con ela coñeceremos o Solar do Unhao, o primeiro lugar onde chegaron os escravos africanos para ser vendidos ós ricos terratenentes

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Marco A. de Justo

Ten 34 anos e é de Lugo. Traballa como enxeñeiro nunha obra de grande envergadura na praia do Forte, unha vila turística a 70 quilómetros de Salvador de Baía. Visitaremos con Marco o proxecto ecoloxista “Tamar”, destinado á protección das tartarugas mariñas.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Alberto Martínez

Ten 30 anos e é de Vedra, A Coruña. Leva un ano en Baía traballando no sector da construción. Con el imos coñecer as mellores alternativas de lecer cando cae a noite, no bohemio barrio de Rio Vermelho.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Alicia Domínguez

Domínguez ten 28 anos e é de Mourente, Pontevedra. Escolleu Salvador de Baía para ampliar os seus estudos de Enxeñería Forestal. Alicia vive nun piso compartido no barrio de Barra, a escasos metros da praia. Canda ela, descubriremos o engado da capoeira no Pelourinho.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Miro Vidal

Ten 40 anos e é de Fornelos de Montes, Pontevedra. Chegou a Brasil hai 19 anos e casou cunha baiana. Agora rexenta un hotel mentres estuda Veterinaria na Universidade Federal de Salvador de Baía. Percorreremos con Miro o Dique de Tororó, unha lagoa artificial construída para defender a Cidade Alta entre os séculos XVI e XVII.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]