Rosario

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Rosario

11-08-2011

A cosmopolita cidade de Rosario sitúase en Santa Fe, a rexión agrícola máis importante de Arxentina. Un dos seus principais atractivos reside no estilo neoclásico dos edificios, os cales se manteñen intactos dende hai séculos. É unha cidade moi movida, con moita xente nova que acode a estudar na súa universidade. Está bañada polo río Paraná, o segundo máis grande de América do Sur despois do Amazonas. A maior parte da oferta de ocio de Rosario ten lugar á beira do río, aínda que existen varios teatros, cafés e bares na parte central, especialmente ao redor das prazas. En definitiva, trátase dunha cidade cun encanto moi particular.

Galegos en Rosario

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Sabino Álvarez

Ten 76 anos e provén do Grove, Pontevedra. Con 18 anos chegou a Rosario e construíu coas súas propias mans un pequeno ultramarinos. Agora ten unha cadea de 14 supermercados na cidade e pensa seguir aumentando o negocio. Da man de Sabino gozaremos dunhas fermosas vistas do río Paraná.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Guillermo Picallo

Ten 65 anos e é natural de Cuntis, Pontevedra. Chegou a Rosario con 10 anos e dende os 14 non parou de traballar. Fixo de todo: foi xardineiro, condutor de autobús, contable… Agora bota unha man na fábrica de roupa do seu fillo. Con Guillermo visitaremos o famoso Monumento á Bandeira.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Francisco Pumar

Ten 67 anos e é de Ourense. Dende que chegou a Rosario traballou nunha metalúrxica, na banca e mesmo emprendeu varios negocios. Agora está xubilado e vive tranquilo coidando da súa horta. Ó carón de Francisco descubriremos as delicias gastronómicas de Rosario e daremos unha volta pola praia da Florida.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Carlos Picallo

Ten 60 anos e naceu en Cuntis, Pontevedra. Este aparellador leva vivindo en Rosario dende os 8 anos. Xunto a el visitaremos zonas de cultivo de trigo, soia e millo, cereais típicos que son exportados a todo o mundo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Raúl Méndez

Ten 63 anos e provén de Celanova, Ourense. Ó chegar a Salvador, Raúl comezou a traballar de empregado nun taller de pneumáticos. Hoxe en día posúe unha das empresas de transporte máis importantes do país. Raúl levaranos a dar un paseo polo parque da Independencia.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]