Roma

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Roma

05-08-2010

Centro dun dos imperios máis grandes do mundo antigo. Capital da fe e da cultura. Galegos no Mundo fai parada en Roma, museo vivo da historia da humanidade. Máis de 2000 anos espallados en construcións maxestosas: estadios, fontes, capelas, xardíns, palacios… Pasear polo seu centro é revivir as escenas das películas que souberon lucir os seus encantos. Para moitos faise verdade a inscrición ao pé do monumento a Garibaldi: Roma ou morte.

Galegos en Roma

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Francisco Vázquez

No 2009, máis de tres mil galegos visitaron a Embaixada de España ante a Sede. O seu actual embaixador, o coruñés Francisco Vázquez recibe a Galegos no Mundo no pazo no que reside e traballa. Revélanos curiosidades do edificio, que acolle a misión diplomática permanente máis antiga do mundo, e anécdotas que teñen a Galicia como protagonista dun xeito indirecto.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Cuña e Frei Martín

Internámonos na Cidade do Vaticano onde nos agardan dous galegos especiais: o Padre Luís Manuel Cuña e Frei Martín. O Padre Luís Manuel, arquiveiro e profesor da Universidade Urbaniana leva vivindo alí 18 dos seus 44 anos. Con este ourensán visitamos o mellor miradoiro para contemplar a praza de San Pedro, a cúpula do Gianícolo. Moitos segredos podería confesar o noso seguinte protagonista, Frei Martín, outro ourensán, boticario do Vaticano que en 34 anos ten asistido 4 Papas.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Eva Díaz

Eva Díaz. Profesora de galego na Universidade de La Spienza desde hai 2 anos. Compartimos un típico aperitivo romano con esta ourensá quen nos descubre os seus recunchos favoritos: o templo de Agripa, o máis antigo de Roma; a praza de Venecia; a vía comercial do Corso e, por suposto, as escalinatas da praza de España, o lugar onde quedan todos os romanos para ver e ser vistos.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Ángel Rubio

Viaxamos á antiga Roma con Ángel Rubio, e facémolo no vehículo por excelencia, a vespa. Imos ao circo para presenciar a loita entre os lexionarios romanos e os bárbaros, e paramos no Coliseo. Nesta ruta acompáñanos o fillo e a muller de Ángel, Gina, razón pola que este vigués decidiu botar raíces na capital de Italia hai xa 16 anos, onde ten un bar na praza de Monte de Piedade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Juan Vicente Boo

Dirixe unha axencia de noticias que facilita información a todas as televisións do mundo sobre as actividades do Papa. Juan Vicente Boo naceu na Pobra do Caramiñal hai 55 anos. Foi correspondente en varios lugares do mundo pero desde hai 12 anos reside en Roma. Este xornalista desvélanos anécdotas de eleccións de papas, e diríxenos ata o pazo de Santo Angelo, que dá entrada ao Vaticano.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

María Signo

María Signo elixiu Roma para tomar unha paréntese na súa vida. Pero o amor a un italiano cruzouse nela e esa paréntese dura 14 anos. É profesora de español nun instituto e xornalista. Vive nunha pequena casa museo -como puidemos comprobar- no barrio de Eur, un barrio atípico da época de Mussolini.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Alberto Rodríguez

O amor tamén foi a causa de que Alberto Rodríguez cambiase A Coruña por Roma, e deixase a filosofía polo turismo. Un bo guía para Galegos no Mundo. Achegámonos a unha das antigas entradas da Roma Imperial, e descubrimos tradicións que agochan as fontes romanas. Percorremos o barrio de Coppedé, unha mostra da Belle Epoque italiana e, asistimos a unha velada de bel canto.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]