Riviera Maya

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Riviera Maya

10-10-2012

No sur de México, case en fronte a Cuba, temos unha franxa de costa na península do Iucatán, chamada Riviera Maya. Aquí gozan dun clima cálido, dunhas praias espectaculares propias do Caribe e das construcións máis importantes da cultura maia .

Desde hai uns anos a Riviera Maya potenciou fortemente a calidade e cantidade das instalacións hoteleiras, chegando a converterse nun destino turístico dos máis demandados no mundo.

E é que na Riviera Maya hai mil cousas que facer ademais de gozar da paisaxe: visitar o parque multitemático de Xcaret, facer submarinismo, ver espectáculos de todo tipo, saír de festa pola noite, nadar entre tartarugas mariñas…etc.

Galegos en Riviera Maya

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Santiago Rivera

É un moañés de 33 anos que leva 1 ano traballando na Riviera Maya, concretamente como director de hotel. Está moi a gusto aquí coa súa familia, e vainos amosar Tulum, onde están uns dos vestixios arqueolóxicos máis importantes de México.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Banesa Burque

O Hotel Grand Palladium é un dos máis importantes da Riviera Maya, no que é Xerente Residente, natural das Pontes, bota moito de menos a Festa da Fraga. Ela amósanos Playa del Carmen, a cidade máis importante da Riviera Maya, e levaranos a comer a La Parrilla un xenuíno restaurante mexicano, con mariachis e todo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Manu González

É de Vigo, do barrio de Coia, e ten un traballo ben curioso: técnico de son nun espectáculo de barcos piratas. Encántalle vivir na Riviera Maya polas múltiples posibilidades que ten para gozar da natureza. Vainos levar a unha das súas excursións favoritas, o que aquí chaman “cenotes”, enormes pozos de auga doce nos que a xente pode bañarse.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Alejandro Caride

Xcaret é un dos lugares máis visitados de México. Trátase dun parque eco-arqueolóxico inmenso, que está cheo de actividades e espectáculos relacionados coa cultura mexicana. Nós imos descubrilo con este santiagués de 31 anos que xa leva 4 na Riviera Maya, e que despois de tanto tempo xa se afixo á comida picante típica do país.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Javier de Prado

Ou Pato, como lle chaman todos, é de Celanova e leva toda unha vida en México. Traballa como monitor de submarinismo en Akumal, un lugar precioso no que veremos tartarugas mariñas nun das praias máis espectaculares da Riviera Maya. Ademais, tamén veremos a famosa lagoa de Akumal, chea de peixes de cores.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]