Río de Xaneiro

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Río de Xaneiro

02-06-2011

Río de Xaneiro é un destino cheo de símbolos universais: O Cristo Redentor de Corcobado, unha das sete marabillas do mundo que vixía a cidade desde as alturas e mira de fronte ó Pao de Açucar. As praias de Ipanema e Copacabana, que inspiraron cancións eloxiando as súas garotas. Sen esquecer a samba, o carnaval e o estadio de Maracaná, a catedral do fútbol.

A postal de Río de Xaniero complétase coas máis de 700 favelas, moitas delas situadas en plena zona turística, ou ó carón de grandes mansións e rañaceos. Os habitantes de Río chámanse cariocas e son arredor de 6 millóns nunha extensión de 1182 km2. É coñecida como a cidade marabillosa.

Galegos en Río de Xaneiro

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Xulio Rey

52 anos, de A Coruña e traballa no sector da banca. Hai 20 anos escolleu trasladarse a Río de Xaneiro. Este banqueiro pentacampeón xogou de lateral esquerdo na liga profesional de balonmán brasileira, vive no barrio de Botafogo, coa súa muller e os seus catro fillos. Con Xulio subiremos ó Pao de Açucar e daremos unha volta pola cidade financeira de Río.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Juan Alvite

65 anos, de Mazaricos de profesión hoteleiro. Empezou de camareiro e agora é socio de varios hoteis en Río de Xaneiro. Vive no barrio de Flamengo, que lle dá nome a un dos equipos de fútbol de Río. Con el paseamos pola praia de Ipanema.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Raquel Carpintero

65 anos de Rebordechan, Pontevedra traballa de secretaria no despacho do seu home, que é avogado. Chegou a Río de Xaneiro hai 50 anos e desde hai 20 vive no barrio que lle deu nome ó estadio de fútbol máis famoso do mundo, Maracaná. Subiremos con ela a unha das sete marabillas do mundo, o Cristo Redentor do Corcobado Desde este miradoiro contemplamos O Parque Nacional da Tijuca, o maior bosque urbano do mundo.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Pablo G. Canda

34 anos, de Vigo é profesor de español e monitor de tai chi, actor e enxeñeiro agrónomo. Hai dez anos marchou a Brasil por amor. Vive en Niteroi, cidade satélite a 14 quilómetros do Río de Xaneiro. Adentrarémonos na Serra de Tiririca declarada pola Unesco reserva mundial da Biosfera. E visitaremos o Centro de Arte Contemporánea, obra do arquitecto Óscar Niemeyer aínda activo aos seus 103 anos.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Paula Sanmartín

32 anos, natural de Bueu, actriz. No barrio bohemio de Santa Teresa vive dende que chegou á cidade cunha bolsa de estudos e quedou atrapada polos varios encantos de Río de Xaneiro. Con ela iremos a un mercado de froitas e coñeceremos o barrio da Lapa, un dos máis bohemios de Río e onde se atopa o Bar de Pepe, lugar de encontro de artistas e xente famosa da sociedade carioca.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Sanchiño

75 anos , naceu en A Baña é hoteleiro. A súa traxectoria axústase á do clásico emigrante que marchou de Galicia para facer as Américas. E fíxoas ata converterse nun exitoso empresario da hostalería. A súa muller e máis el viven no barrio máis famoso de Brasil, Copacabana, que significa “Mirador azul” en Quechua.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]