Reims

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Reims

06-06-2012

A cidade de Reims, situada ao noroeste de Francia, é coñecida por ser a máis grande da comarca onde se fai unha das bebidas máis famosas do mundo: o champaña.

Dous mil anos de intensa historia deixaron pegada en Reims. Durante moito tempo foi o lugar onde coroaban aos reis de Francia, e, tamén, unha parada obrigatoria dunha das variantes do Camiño de Santiago. Na actualidade pode presumir dun magnífico conxunto de edificios históricos declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO, entre os que sobresaen o Pazo de Tau, a catedral de Notre-Dame de Reims ou a Abadía de Saint-Remi.

Con preto de 200 000 habitantes, Reims destaca tamén por ser unha cidade universitaria e ben comunicada, xa que está a media hora en tren de París.

Galegos en Reims

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Paula Castiñeira

Ten 25 anos e é natural de Tui (Pontevedra). Leva 9 meses fóra da casa. Estudou turismo e foi cunha bolsa Leonardo da Xunta a Reims, pero cando rematou, quedou uns meses contratada na oficina de turismo da cidade. Con ela veremos parte de Reims, visitaremos a Bodega Veuve Clicqout, e asistiremos a un espectáculo na Catedral.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Diego Espiña

Ten 32 anos e é natural de Santiago de Compostela. Estudou xornalismo e traballou para diferentes xornais, pero xa en Francia dedicouse á ensinanza do español. Diego casou cunha moza norteamericana e xuntos decidiron probar sorte no país veciño. Con Diego pasearemos polas viñas e tomaremos algo nun restaurante típico da zona, como é, o “Café du Palais”, fronte ao Pazo de Xustiza.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Rosa Vázquez

Con 40 anos e orixinal de Sarria, é doutora en Historia da Arte, e trasladouse á cidade de Reims un tempo por motivos laborais. Rosa é investigadora no Museo das Peregrinacións e dedícase en exclusiva ao Camiño de Santiago. Agora imparte conferencias con motivo do 800 aniversario da Catedral de Reims e do 60 aniversario da Fundación da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago (de Francia). Con ela visitaremos o interior da catedral.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Andrés V. Chayán

Ten 68 anos e é natural de Cambados, pero leva media vida en Reims, xa que marchou de Galicia con 19. Foi músico da banda de Castrelo de Cambados pero cambiou a frauta traveseira pola paleta para traballar de albanel. Agora está xubilado, e con el veremos o estadio do Stade de Reims.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]