Qatar

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Qatar

24-10-2012

Qatar é o segundo país máis pequeno do Golfo Pérsico, en pouco máis que a superficie da provincia de Lugo viven 1 millón e medio de habitantes. Aquí o clima é desértico, con moita calor e moi poucas precipitacións, de feito case non hai vexetación. Pero Qatar é un país moi rico debido ás súas reservas de gas e petróleo, e co tempo soubo aproveitar esa riqueza para captar as olladas e o turismo de todos os recunchos do mundo.

Qatar goza na actualidade dun nivel de vida altísimo, con importantes prestacións sociais, universidades, infraestruturas, e comunicacións. Practicamente toda a poboación qatarí domina o idioma inglés e unha porcentaxe moi elevada ten estudos universitarios.

O luxo, os espectaculares edificios, e as interminables praias, están convertendo Qatar nun puxante destino turístico, no que se mestura a modernidade coa profunda tradición persa e otomá da cultura qatarí.

Galegos en Qatar

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Flora Sánchez

É de Vigo e ten 34 anos. Viviu 10 anos en Inglaterra e alí coñeceu ao seu marido. Cando estaban esperando a súa primeira filla cambiaron a choiva de Inglaterra polo sol de Qatar. El é cociñeiro e o plan da parella é aforrar para nun futuro montar un restaurante. Con Flora quedamos nun mercado ó que non van moitos estranxeiros, pero ela e as súas amigas si.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Diego Agüin

Na antigüidade Qatar vivía principalmente da recolección de perlas. En recordo a esta actividade, unha das máis elitistas urbanizacións que se están a construír en Doha chámase «A Perla». E unha das persoas que se encarga de que a construción sexa da máxima calidade é un galego de Portonovo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Jose Antonio Martínez

É un porriñés que alcanzou a gloria como alpinista. El e o seu irmán son os galegos que escalaron máis montañas de oito mil metros. En Qatar dedícase á construción, pero tamén escala, e nós imos con el ao deserto para ver como está introducindo a escalada neste pequeno país.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Pablo Souto

Doha é a capital de Qatar e será sede do mundial de fútbol de 2022. Este é un dos motivos polos que a cidade se está reconstruíndo e crecendo a un ritmo vertixinoso. Pablo Souto é un rapaz de Oleiros que participa neste proxecto. Ten 26 anos e xa traballa aquí como enxeñeiro.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Víctor Manuel Rodríguez

É de Vigo e chegou hai catro anos a Qatar, cando a colonia de españois e galegos era dez veces menor, así que xa axudou a moitos dos que chegaron despois. Levaranos de excursión ao deserto en 4×4, unha viaxe típica en Qatar aínda que algo perigosa, Víctor tivo alí hai tempo un accidente no que estivo a piques de perder a vida.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]