Praga

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Praga

09-09-2010

Conta a lenda que unha princesa soñou en construír a cidade máis fermosa do mundo. Así comeza a orixe de Praga. Chámana a cidade das 100 torres pola cantidade de cúpulas e miradoiros que destacan sobre os tellados. Para moitos é unha das capitais máis fermosas de Europa Central, despois de todo, ten o maior conxunto declarado Patrimonio da Humanidade. Nada máis e nada menos que 900 hectáreas de rúas, prazas e xardíns que parecen escenarios dun conto, pero no que a vida é real, o ambiente é animado e a xente é cordial.

Galegos en Praga

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Angelo Lorenzo

Dirixímonos á oficina onde traballa Angelo. Este coruñés séntese moi cómodo na súa empresa, ata o punto de que é unha das razóns principais polas que vive aquí. Pedirá o día libre para darnos unha volta pola cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Anxo Vidal

Anxo levounos a Pilsen, a unha hora en tren dende Praga. É a cidade onde se inventou un dos tipos de cervexa máis consumidos hoxe en día: a tipo Pilsen.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

David Marcos

David é de Vilagarcia de Arousa e non ten présa por abandonar Praga porque aquí coñeceu a súa parella. Entre outras cousas úneos a afección polo baile. Ademais de dar unha volta pola cidade, levarannos a bailar.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Francisco Temprano

Francisco leva 5 anos dando clases de español en Praga. El e a súa moza checa teñen o plan de mudar a vivir a unha cidade cercana: Kutna Hora. Alí levaranos Francisco e amosaranos unha capela literalmente impactante.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Francisco Sola

O seu plan orixinal era mudar para Nova York cunha bolsa, pero a crise financeira anulou esa posibilidade e decidiu vir a Praga, da que tiña bos recordos. Con este mozo de Baiona coñeceremos uns dos barrios máis importantes da cidade: o barrio xudeu.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Noelia Guisande

Veu a Praga para traballar temporalmente nunha galería de arte, enganchouse co ambiente da cidade e decidiu quedar máis tempo. Ela amosaranos un dos barrios máis particulares de Praga: Stare Mesto, que significa barrio pequeno.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]