Porto, O

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Porto, O

04-08-2011

A cidade das sete pontes, dos viños doces e da roupa tendida nas ventás cativa o viaxeiro. Pero ninguén foi quen de conquistala. Nin sequera Napoleón Bonaparte. Por iso merece o nome de “cidade invicta”.

A zona vella foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Subir dende a Baixa polas rúas estreitas ou contemplar dende Vilanova de Gaia a cidade iluminada é toda unha experiencia que ningún visitante pode deixar de sentir. E é que os típicos edificios de pedra e as igrexas decoradas cos azulexos azuis e brancos fan desta zona un lugar moi especial. Pero non todo é tradición e historia na cidade portuguesa. A que fora nomeada capital cultural de Europa presenta unha vibrante oferta de ocio, con miles de concertos e exposicións ó ano. Todo isto e moito máis fan da cidade un destino do máis apetecible.

Galegos en O Porto

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Sara Pazos

Ten 25 anos e é de Pontevedra. Levaba xa un par de anos indo e vindo a Portugal, cando hai dous meses decidiu que quería instalarse definitivamente en Porto ó carón do seu mozo portugués. Adícase profesionalmente á ilustración e vive no zona vella da cidade. Con ela visitaremos o Teatro Nacional Sao Joao

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Celso Martínez

Ten 48 anos e é natural de Vigo. Con este director de banca daremos un paseo polos xardíns da Fundación Serralves, un dos seus lugares preferidos para desconectar. Neste rincón da cidade, 18 hectáreas de vexetación rodean o Museo de Arte Contemporáneo, o auditorio e a casa de Serralves, construída en 1830.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Dionisio Oseira

Ten 42 anos e naceu en Mondoñedo, Lugo. Vive e traballa nunha adega a 100 quilómetros da cidade. Na quinta San Luiz, Dionisio ensinaranos a materia prima coa que se elabora o famoso viño da comarca e daremos fe do encanto da vendima.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Alberto Úbeda

Ten 37 anos e provén de Vigo. Este empresario leva un ano vivindo en Matosiños, cidade portuguesa pertencente ó Distrito do Porto. Con Alberto visitaremos o porto industrial de Leixoes e unha das praias máis importantes do país.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Chari Cagide

Ten 35 anos e é de Vila de Cruces, Pontevedra. Chegou á cidade portuguesa seguindo ó seu mozo hai xa 14 anos. Na actualidade traballa de contable. Contemplaremos con Chari as mellores vistas da cidade dende o Mosteiro da Serra do Pilar e tamén visitaremos a fermosa libraría Lello e Irmao, coñecida por formar parte do mundo máxico de Harry Potter.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Julio Gómez

Ten 39 anos e é natural de Palas de Rei, A Coruña. Este empresario leva once anos en Porto. Actualmente vive ás aforas, nunha casa a cincuenta metros da praia. Con el veremos o Palacio da Bolsa e tomaremos algo no Majestic, o primeiro café da cidade que permitiu a entrada a mulleres na década dos anos vinte.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]