Porto Alegre

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Porto Alegre

03-06-2013

Porto Alegre é unha das metrópoles máis importantes de Brasil, a sexta maior porta de entrada de estranxeiros no país e a capital do Estado Río Grande do Sul. Os seus habitantes son chamados gauchos, as comidas típicas son a feijoada e o churrasco, a bebida nacional, a caipiriña, e a infusión tradicional, o chimarrao.

Os catro millóns de habitantes que conforman a súa área metropolitana fan dela a maior aglomeración urbana do sur de Brasil. A mestizaxe perfecta entre as culturas hispanoplatense e lusobrasileira unida á súa fonda influencia europea confírenlle a Porto Alegre unha personalidade única no marco brasileiro.

Porto Alegre é un dos grandes centros industriais do sur de Brasil debido á súa localización estratéxica dentro do Mercosur, moi próxima a Bos Aires, Montevideo e Rosario. É ademais un grande museo arquitectónico a ceo aberto, onde existen exemplares representativos dos diferentes estilos dos últimos dous séculos, concentrados principalmente no centro da cidade.

Unha das doce cidades sede da Copa Mundial de Fútbol que se celebrará en Brasil en 2014 será precisamente Porto Alegre, albergando o evento no seu Estadio Beira Río.

Situada na conxunción de cinco ríos entre os que se atopa o Guaíba, tamén considerado un lago pola comunidade científica, Porto Alegre ofrece neste enclave un fermoso solpor, atractivo turístico por excelencia.

Galegos en Porto Alegre

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Paquito Rozados

Vive na zona sur de Porto Alegre, desde onde se poden contemplar as mellores vistas da cidade. Coñecemos este galego de Becerreá que chegou con 10 anos a Brasil, onde se converteu en avogado e, despois de 55 anos no país, tamén nun experto en facer churrasco ao estilo gaucho.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Rafa Díaz-Aguado

Ten 25 anos e é da Coruña. Está en Porto Alegre completando os seus estudos de Dereito e Economía porque lle pareceu a cidade máis europea de todas as opcións que tiña por estas latitudes. Con el percorremos a Cidade Baixa.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Elisa Gándara

De 66 anos e natural de Santiago de Compostela, chegou coa súa nai e os seus irmáns a Porto Alegre con tan só dez anos. Agora está completamente feliz vivindo en Brasil pero séntese profundamente galega. Con ela coñecemos a zona de Ipanema e os miradoiros máis espectaculares da cidade.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Fraguela

Leva máis de un ano en Porto Alegre. Con este enxeñeiro de 26 anos nacido en Fene comprobaremos como respira a cidade, visitaremos o seu mercado e observaremos a súa arquitectura e o seu ocio cando cae o sol nun dos mellores solpores do mundo, segundo os porto-alegrenses.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Leonisa Fernández

Veu hai 53 anos con grande parte da súa familia dende Quins (Melón), a un país que lle deu a posibilidade de estudar odontoloxía. Con ela imos coñecer as principais institucións da cidade e algo máis da cultura gaucha, ou gaúcha, como din en Porto Alegre.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]