París

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

París

19-08-2010

Coñecida como a cidade da luz e non só porque foi a primeira en dotar as súas rúas de luz eléctrica, senón tamén porque iluminou o mundo coa súa modernidade. Sempre adiantada aos tempos, sempre revolucionaria. Na capital francesa fraguáronse os dereitos humanos e os principios de liberdade, igualdade e fraternidade, isto atraeu artistas e intelectuais de todo o mundo creando un ambiente fascinante nun constante fluír de ideas.

Esta semana Galegos no mundo fai parada nun dos principais destinos turísticos do mundo. Sen dúbida fermosa, elegante e romántica.

Galegos en París

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Raquel Arias

Para moverse pola capital francesa o mellor é o metro. Raquel Arias, é unha coruñesa que coñece moi ben a historia e as intrahistorias do metro de París. Traballa como axente de seguros no Banco Nacional de París. Convídanos á súa casa, preto da Bastilla, un pequeno estudio de 23 m2. Facemos a compra no mercado de Aligre, un dos máis baratos da capital francesa. E descubrimos Le Marais, un dos barrios máis típicos e cosmopolitas de Europa.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ramón Chao

Ramón Chao, exiliado a Francia en 1956, e pai do músico Manu Chao. Galegos no mundo compartirá con este escritor e xornalista lucense unha andaina literaria e gastronómica. Con el entramos na mítica librería Shakespeare and Company, frecuentada por Hemingway, Scott Fitzgerald ou James Joyce, e no hotel Esmeralda, onde Xulio Cortázar rematou Rayuela. Tamén coñecemos O Fogón, un templo culinario galardoado cunha estrela Michelín e rexentado por un castelán no que se serve viño da Ribeira Sacra.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Juan Castro

Juan Castro. Este coruñés de 27 anos vive na rúa Santa Ana, en pleno corazón do barrio xaponés de París, a tres minutos andando do seu traballo na Delegación da Cámara do Comercio Española, moi preto do Museo do Louvre. En París hai infinidade de pontes, pero Juan vainos amosar a máis romántica de todas, a ponte dos namorados, chea de candados que as parellas deixan alí para selar o seu amor.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Roberto Fernández

Farto de vivir no lugar onde máis turistas se concentran para sacar fotos da Torre Eiffel, Roberto Fernández mudouse a unha zona máis tranquila ás aforas de París. Este enxeñeiro informático, natural de Bande, leva 24 anos vivindo na capital francesa.Desde Montmartre, subimos con Roberto ata a Basílica de Sacre Cour para contemplar as mellores vistas da cidade da luz. E na nosa axenda non podía faltar visitar no barrio do Pigalle o Moulin Rouge, das zonas máis animadas de París.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ana Domenech

Se estás namorado, París é a cidade perfecta. Isto sábeo ben unha parella da Coruña, Ana e Marco, casaron hai menos dun ano e elixiron a capital francesa para compartir a súa vida. Ana Domenech, responsable de márketing nunha axencia de viaxes e Marco Meijide, consultor nunha empresa norteamericana, recíbennos no seu ático, no distrito de Pompidou. Con eles atravesamos o Arco de Triunfo e paseamos polos Campos Elíseos, prestixioso escaparate de París e unhas das avenidas máis caras de Europa. Desde a praza da Concorde dirixímonos á beira do río e viaxamos con Ana e Marco nunha romántica travesía polo Sena.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]