Panamá

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Panamá

23-05-2012

En Panamá atopamos unha das maiores obras de enxeñería do mundo: a canle que conecta os océanos Atlántico e Pacífico permitindo o tránsito de barcos a través do país.

En Panamá conviven multitude de razas e culturas, e o seu clima tropical, moi caloroso durante todo o ano, fai deste país un dos destinos preferentes para o turismo. Ademais, a diversidade de flora e fauna convérteno nun destino exótico como poucos e con moitas posibilidades por descubrir. O carácter amable e alegre da xente tamén fai que calquera se sinta como na casa.

Coa ampliación do canal, Panamá está emerxendo como un dos países con maior potencial económico de América central, e a súa influencia na zona é cada vez maior.

Galegos en Panamá

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Silvia Méndez

Nada en Ourense, e con 40 anos de idade, chegou de bebé a Panamá cos seus pais. Eles sempre lle falaron galego e inculcáronlle a nosa cultura, polo que, xa de maior, tentou manter o contacto cos outros galegos que viven alí. Silvia é comerciante e lévanos a coñecer aos seus pais e amósanos a cidade de Colón.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Isabel Lasso

Ourensá de 45 anos que foi a Panamá despois de casar, buscando mellores oportunidades laborais. Actualmente traballa como administrativa e leva xa 18 anos en Panamá. Con ela coñecemos un pouco máis da cultura caribeña do país.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Jose Carlos Blanco

Ten 36 anos e é orixinal de Ourense, traballa no Hotel Benidorm de Panamá dende hai uns 5 anos. El di que a vida alí é bastante diferente a como é en Galicia, pero como os galegos da zona se reúnen case todos os días, a morriña é levadeira. Con el visitamos un lugar espectacular: o Pazo das Garzas.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Miguel Ruiz

Nado en Lugo, ten 26 anos e leva 1 traballando para as Nacións Unidas. Chamoulle a atención dende o primeiro momento a mestizaxe e o carácter multicultural de Panamá, e tamén a cantidade de linguas e dialectos distintos que se falan. No tempo libre viaxa polo país e gústalle pasear pola selva e pola praia. Con Miguel facemos diferentes rutas, entre elas non pode faltar un paseo polo Casco Vello da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Mariela Estévez

É orixinal de Albarellos (Ourense), ten 43 anos e xa leva 13 vivindo en Panamá, polo que coñece como ninguén a zona e os outros galegos que viven alí. Mariela escribe contos en galego e está organizando un obradoiro para nenos e nenas que queiran aprender galego. Con Mariela cruzamos a Ponte das Américas, visitamos as zonas de praias e os lugares máis comerciais de Panamá.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]