Oxford

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Oxford

01-07-2013

A unha hora de Londres está Oxford, unha das cidades universitarias máis famosas a nivel mundial. A súa universidade, a máis antiga do mundo de fala inglesa, contou entre o seu estudantado con personalidades como Óscar Wilde ou Bill Clinton e cada ano, dende hai case cento sesenta, é co-protagonista dun dos acontecementos deportivos do Reino Unido: a regata de remo na que se enfrontan as universidades de Oxford e Cambridge.

Mais a sona non só lle vén a Oxford do seu prestixio académico pois ten sido, ademais, escenario de múltiples películas e series de televisión. Harry Potter ou Sherlock Holmes, entre outros, pisaron na pantalla diferentes recunchos desta urbe que pouco máis é que Santiago de Compostela.

Atravesada polo río Támesis, que ao seu paso pola cidade recibe o nome de Isis, Oxford é tamén coñecida como “a cidade das agullas de fantasía” pola súa arquitectura. Na actualidade é unha mestura de tradición e modernidade, cultura e tecnoloxía, na que tanto os visitantes como os habitantes teñen unha ampla oferta de actividades onde escoller.

Galegos en Oxford

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Beatriz Pérez

Ten 34 anos e é natural de Sanxenxo. De Oxford, onde leva sete anos traballando como funcionaria da universidade, namorárona a tolerancia das súas xentes, a mestura de nacionalidades e a súa cultura de bicicleta. Con ela quedamos no río Isis onde os universitarios de Oxford se preparan para competir a remo contra os seus rivais de Cambridge.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Beatriz Trillo

Empezou a súa vida profesional nas Canarias pero sempre tivo claro que lle gustaría vivir no Reino Unido. Así que veu estudar inglés e xa leva aquí 11 anos investigando no campo da anatomía patolóxica. Con esta moza de Corcubión visitamos a Carfax Tower, o edificio máis alto de Oxford.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Antón Pose

Ten 26 anos e naceu en Cambre. Estudou Hostalaría en Santiago e chegou a Oxford hai un ano para mellorar o inglés mentres traballa de camareiro nos comedores da Universidade. Quedamos con el no Christ Church, onde estudaron moitos famosos e onde se gravaron escenas de Harry Potter.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Ana Fariña

A compostelá lévanos polo Oxford menos coñecido. A escasos minutos do centro está a fermosa vila de Iffley, onde vemos como son as hortas urbanas locais, concibidas no seu día para paliar a fame nas cidades despois da Segunda Guerra Mundial.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Natalia Varela

Non tiña pensado quedar tanto tempo en Inglaterra pero na súa vida cruzouse un inglés e, catro anos despois, esta coruñesa de 33 anos segue en Oxford traballando de enfermeira. Coñecemos con ela o motivo polo que, de momento, non volve para a Coruña.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Digna Martínez

Marchou hai 20 anos de Portonovo. Coñece moi ben a cidade porque traballa de coordinadora de visitas na oficina de turismo. Con ela coñecemos como se mesturan a historia e a natureza en pleno centro de Oxford.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]