Nova Zelandia

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Nova Zelandia

16-01-2014

Nova Zelandia é un país insular de Oceanía que se atopa no suroeste do Océano Pacífico, a 2000km de Australia, no mar de Tasmania. Conta con dúas grandes illas: a illa Norte e a illa Sur, xunto con moitísimas outras illas menores. E Nova Zelandia son xusto os nosos antípodas, é dicir, se fixésemos un burato na terra en Galicia apareceriamos alí.
A maior parte da poboación neozelandesa é de ascendencia europea, os indíxenas maorís son a minoría máis numerosa. Os dous idiomas oficiais son o inglés e o maorí, aínda que o primeiro é o máis falado, con diferenza.
As súas cidades sitúanse como unhas das de mellor calidade de vida no mundo. A ausencia de corrupción, o nivel da educación, a liberdade económica e os seus índices de desenvolvemento humano e de democracia, converten Nova Zelandia no país máis libre e co maior respecto aos dereitos humanos.

Galegos en Nova Zelandia

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

José Colmeiro

José Colmeiro é profesor de español na Universidade de Auckland cunha cátedra Príncipe de Asturias. Despois de 3 anos en Nova Zelandia, ten pensado quedar algún tempo máis. Imos con el a Mission Bay e ao Museo de Auckland ver a danza maorí.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Juan Jesús Patiño

Juan Jesús Patiño deixou Queiruga (Porto do Son) e por casualidades da vida rematou nos antí- podas. Ten 36 anos e traballa como xefe de cociña. Visitamos Whangarei da súa man, a cidade máis poboada do norte da illa, e as súas famosas fervenzas.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Noa Veiga

A pontevedresa Noa Veiga levaba 7 anos vivindo en Barcelona cando ela e mailo seu mozo mer- caron un billete sen regreso a Tailandia e despois duns meses foron a Nova Zelandia. Namoraron de Tauranga, e xa levan 1 ano alí. Imos ao mercado do peixe, ao porto e subimos ao Mount Maun- ganui.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Xosé Filloy

Xosé Filloy e a súa muller pasaron a súa lúa de mel en Nova Zelandia. Gustoulles tanto que hai 5 meses decidiron volver para quedarse. Co silledense imos ao poboado dos Hobbits d’O Señor Dos Aneis, en Matamata, e rematamos no cine onde traballa como voluntario en Devonport.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

María Rial

María Rial, pontevedresa de 38 anos, namorou dun neozelandés e xa hai 9 anos que vive nos antípodas. Agora, cunha familia formada e a súa propia empresa, vive en Auckland, a cidade máis poboada do país. Con ela paseamos pola zona financeira, subimos á Sky Tower e collemos o ferry para visitar a illa de Waiheke.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]