Nova York

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Nova York

09-05-2012

Nova York, é unha das cidades máis recoñecibles do mundo. Todos, aínda que nunca estiveramos alí, somos quen de situar e contextualizar moitos dos lugares máis importantes desta magnífica urbe.

Nova York é a cidade máis poboada dos Estados Unidos, e case podemos dicir, que é a capital do mundo, debido á súa enorme influencia a nivel internacional nos medios de comunicación, na política, na educación, no entretemento, na moda e na arte. Tamén destaca Nova York por ser unha das cidades con mellor e máis eficiente transporte público, e por ter amplas zonas verdes para gozar do tempo de lecer.

Os alicientes para o viaxeiro son incontables: a Estatua da Liberdade, o Empire State, Wall Street, Central Park, a zona cero, o Rockefeller Center…

Galegos en Nova York

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Yolanda Rodríguez

Ten 29 anos e naceu e viviu en Pontevedra ata os 15 anos. Agora leva 9 en Nova York. Marchou alí para estudar contabilidade e agora exerce como tal. Ninguén mellor ca ela para amosarnos o centro mundial das finanzas: Wall Street.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Paula Gil

Ten 30 anos e é natural de Vigo. Traballa nunha produtora de dobraxe, pero chegou hai xa dous anos a Nova York, daquela para rematar os seus estudos de Comunicación Audiovisual. Agora está ben afeita á cidade e a facer de guía turística para todos os amigos e familiares que a visitan. Con Paula imos ao Rockefeller Centre e ao Empire State.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Benito Santos

É de Vilanova de Arousa e ten 39 anos. Leva 10 anos vivindo en Nova York, e foi o amor quen o levou alí. Namorouse dunha rapaza americana e marchou para estar con ela. Traballa como axudante de conservador no Xardín Botánico de Nova York, e aproveitamos para que nos amose este lugar tan especial. Tamén nos levará a Central Park.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Víctor Prieto

É de Ourense, ten 36 anos, e é un portentoso acordeonista. Víctor chegou na procura de aventura, e xa leva 3 anos en Manhattan. Con Víctor imos ao distrito de Queens para gozar do mellor jazz da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Margarita Campos

Ten 51 anos e é natural de Noia. Traballa coa súa empresa de limpeza, dende hai máis de 23 anos, para diferentes personalidades, millonarios e famosos. As súas casas están en Mont Kisco, unha pequena vila ás aforas de Nova York e unha das máis antigas da zona. Con Margarita veremos Mont Kisco e remataremos en Broadway.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Victoria María Domínguez

É de Carnota e ten 25 anos. Traballa de antropóloga forense na investigación dos esqueletos humanos, aínda que di que é un traballo ben distinto ao que vemos na televisión. A pesar de levar toda unha vida en Nova York aínda conserva o acento da Costa da Morte. Victoria amósanos a vida Universitaria no centro de Manhattan.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]