Newark

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Newark

11-07-2012

Newark é unha cidade situada no estado norteamericano de Nova Jersey. Trátase dun importante centro industrial, comercial, e de transporte, popularmente coñecido como “a cidade dos ladrillos”.

Pero Newark, ademais de ser unha das localizacións principais da famosa serie “Os Soprano”, ten algo moi especial: está chea de galegos. Alí chegaron a principios e mediados do século pasado moitos dos nosos buscando a vida na súa abundante industria e no seu porto. Na actualidade a colonia galega aínda é ampla e co tempo e o traballo acabaron ocupando importantes postos en empresas e sectores estratéxicos.

Ademais, preto de Newark, está un dos mellores e máis afamados centros de estudos do mundo: a universidade de Princeton.

Galegos en Newark

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

María José

Ten 35 anos e é natural de Seixo (Marín). Leva 8 anos en Estados Unidos e dende hai 5 imparte clases de español en Princeton, unha das universidades máis prestixiosas de Estados Unidos. María José amosaranos a vila de Princeton, e a biblioteca e o campus universitario.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Sergio Seijas

Ten 35 anos e é natural de Seixo (Marín). Leva 8 anos en Estados Unidos e dende hai 5 imparte clases de español en Princeton, unha das universidades máis prestixiosas de Estados Unidos. María José amosaranos a vila de Princeton, e a biblioteca e o campus universitario.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Miguel González

Ten 67 anos e está xubilado. Leva vivindo xa 40 anos na cidade de Newark, aínda que é natural de Ourense, como unha parte grande dos galegos que viven alí. Con el cruzamos a Nova York para ver un dos desfiles máis multitudinarios que se fan en EUA no día de Acción de Grazas. Miguel tamén nos convida a coñecer á súa familia e a súa casa neste día tan especial.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Elvira Yglesias

Naceu en Gomesende (Ourense). Ten 55 anos, leva 35 en Newark e está casada, pero non cun norteamericano, senón cun grego. Elvira é empresaria, unha das poucas mulleres á fronte dunha empresa de construción en Newark. Ela e a súa socia Marimar promoven e constrúen vivendas de protección oficial para a xente máis necesitada.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Raúl Gil

É de Betanzos e ten 55 anos. Viviu 20 anos en Newark, onde traballou nunha empresa de electrónica. Ós 40 retirouse na fermosa vila de Montclair e gaña a vida rehabilitando casas. No tempo libre tamén é fotógrafo e restaura guitarras. Con el coñecemos Montclair e un auténtico café americano.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Adelino Benavente

Acaba de retirarse do seu traballo de policía en Newark. Ten 54 anos, e é natural de Vilaboa (Pontevedra) pero leva xa 40 anos en Newark. Agora ten todo o tempo do mundo para facer o que máis lle gusta: ir de pesca. Adelino ensinaranos o porto de Newark e as famosas vistas do skyline de Nova York.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]