Múnic

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Múnic

05-12-2012

Múnic, é unha cidade do sur de Alemaña pertencente ao Estado Federado de Baviera. Conta cunha poboación de 1, 3 millóns de habitantes, case a metade que toda Galicia, e foi cualificada no 2009 como a cidade con mellor calidade de vida de Alemaña.

Pero se por algo é coñecida esta cidade é polo seu equipo de fútbol, o Bayern, o mellor de Alemaña e con seguidores por todo o mundo. Ademais en Múnic atópanse centros deportivos de primeira orde, como o Parque Olímpico, construído para os Xogos Olímpicos de 1972, e o Allianz Arena, estadio ultramoderno construído para a Copa Mundial de Fútbol de 2006.

Múnic é unha cidade moderna pero cunha longa tradición, cultural e deportiva, e non existe lugar mellor para tomar unha boa cervexa ao aire libre, de feito aquí celébrase cada ano o mundialmente coñecido Oktober Festk ou Festival do Outono.

Galegos en Múnic

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Alfonso Villamarín

Ten 65 anos e é de Toén, en Ourense. Xa leva 47 anos en Múnic, onde está moi integrado. Traballou para a Siemens e agora está xubilado, con tempo para unha das cousas que máis lle gusta: andar en bicicleta pola cidade. Alfonso lévanos a coñecer o Museo da BMW, onde veremos os modelos máis espectaculares, o estadio de fútbol do Bayern de Múnic e o Palacio de Nymphenburg.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Begoña González

Chegou a Múnic cunha bolsa de investigación sobre dereitos de autor. Esta avogada de 32 anos leva un ano na cidade, e xa coñece todos os segredos e recunchos que fan de Múnic unha das urbes máis visitadas de Alemaña. Por iso ninguén mellor ca ela para amosarnos lugares e prazas como Odeon Platz, Marienplatz, o mercado Viktualen Market, a Catedral e a Milla de Ouro Maximilian Strasse.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Berta Lema

Ten 26 anos, é de Cambre e leva un ano en Múnic. Está traballando de enxeñeira construíndo pontes para a rede ferroviaria alemá, xa que ela é enxeñeira de obras públicas. Berta non ten reparo en amosarnos a cultura alemá máis tradicional, coma os traxes ou a comida típica. Pero ademais visitaremos con ela o Parque Olímpico e un mercado ecolóxico.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Daniel Boán

É veciño de Santiago de Compostela, ten 23 anos e está facendo en Múnic prácticas de márketing deportivo. Daniel explícanos que alí, en canto hai bo tempo, énchense os parques de xente facendo todo tipo de actividades. Nós imos dar unha volta con el polo máis grande de Europa e un dos máis grandes do mundo: o Englischer Garten.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Liborio Núñez

É un ourensán máis que integrado no país xermano. Faremos unha excursión con el para coñecer a rexión de Baviera, unha das zonas máis ricas de Alemaña, repleta de lagos, castelos, prados e montañas. Veremos o Castelo de Neuschwanstein e como estabamos tan cerca, fomos botar gasolina a Austria.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]