Montreal

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Montreal

06-01-2014

Na provincia do Quebec, en Canadá, atópase Montreal. Con case 1.650.000 habitantes, é a cuarta cidade francófona máis poboada do mundo. Ten a maior concentración de estudantes universitarios e é un dos principais centros industriais, comerciais e culturais de Norteamérica.
O nome da cidade provén de «Mont-Royal», un monte localizado no centro da illa. O espazo onde se asenta agora Montreal estivo habitado polos nativos algonquinos, huróns e iroqueses antes da chegada dos primeiros europeos.
Na actualidade, a súa riquiza cultural vese reflectida nos máis de 70 festivais que acolle ao longo do ano, entre os que se atopa o coñecido Festival de Jazz.
A máis grande cidade subterránea do mundo é tamén a das portas abertas: aquí só pechan con chave polas noites.

Galegos en Montreal

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Guillermo Vidal

Guillermo Vidal, compostelán de 28 anos, ten unha das profesións máis curiosas do mundo: probador de videoxogos. El e a súa moza, Preciosa, decidiron deixalo todo e facer de Montreal o seu novo fogar. Con el paseamos polo parque de Mont-Royal, comemos a típica Putine e visitamos o barrio gay.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Manolo Presedo

A Manolo Presedo levárono os seus pais con dous anos a Montreal. O bergondés acompáñanos ao Xardín Botánico, ao Estadio Olímpico e á Cidade Vella, escenario de tantas películas americanas. Para rematar o día, nada mellor que unha empanada caseira coa súa familia.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Gerardo Piñeiro

Gerardo Piñeiro leva 42 anos en Montreal traballando como axente inmobiliario. Con el descubrimos o xarope de pradairo no mercado de Jean-Talon e conducimos ata os arrabaldes, unha zona moi verde que lembra a Galicia, onde ten a súa segunda casa. Alí, acompañados pola súa muller e outros amigos galegos gozamos dunha boa churrascada.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Eliseo Campos

Eliseo Campos vivía en Folgoso do Courel e hai 43 anos decidiu marchar á aventura. Este lucen- se sempre leva ás súas visitas a Mont Tremblant, e alí imos con el. Subimos en teleférico ao punto máis alto da montaña, probamos o caramelo de xarope de pradairo feito sobre neve e volvemos a Montreal para coñecer á familia de Eliseo e degustar o seu viño.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Eduardo Pereira

O presidente do centro galego en Montreal chámase Eduardo Pereira. Este bioquímico retirado débelle a súa profesión ao seu avó, que traballaba nos laboratorios Zeltia no Porriño. Comezou a estudar medicina en Galicia e rematou en Canadá. Con el pasamos por un festival de comidas do mundo, entramos na Biosfera e damos unha volta polo circuíto de Fórmula 1.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]