Montevideo

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Montevideo

01-09-2011

Montevideo combina o encanto do vello mundo coas tendencias máis contemporáneas. A cidade máis grande de Uruguai posúe unha rica diversidade cultural: case a metade dos seus residentes son inmigrantes europeos. Situada sobre o río da Prata, a capital vai revirando sobre un porto propio dunha gran cidade. As palmeiras, os edificios multicolor, as feiras e os acolledores cafés crean un encantador ambiente que non deixa indiferente a ninguén.

Galegos en Montevideo

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Xosé Castro

Ten 70 anos e naceu en Bueu, Pontevedra. Reside na localidade de Ituzaingó, a uns quilómetros de Montevideo. Xosé é un ebanista retirado que traballou confeccionando mobles de alta calidade. Na actualidade pasa no seu taller 12 horas ó día facendo o que máis lle gusta: contar historias coa madeira. Da súa man admiraremos a súa arte e probaremos o auténtico asado criollo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Marina Maceira

Ten 23 anos e é do Porriño, Pontevedra. Actualmente está a completar os seus estudos de Dereito na Universidade Católica de Montevideo. Con Marina gozaremos dunha espectacular panorámica da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Sergio Saínza

Ten 21 anos e é natural de Mos, Pontevedra. Atópase na cidade gozando dunha bolsa para seguir os seus estudos de Turismo. Ó seu carón percorreremos o centro histórico, partindo da Praza da Independencia.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Xesús Gómez

Ten 54 anos e é de Miño, A Coruña. Dende 2003 vive en Montevideo, onde traballa de asesor dun dos 99 deputados que conforman o Parlamento. Coñeceremos a pegada dos galegos en Uruguai e daremos un paseo pola Praza da Constitución con este coruñés

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Jacinta Rivera

Ten 25 anos e provén de Fene, A Coruña. Chegou a Uruguai hai un ano para traballar no Centro de Formación da Cooperación Española. Pasearemos con ela pola Rambla de Montevideo e subiremos ao monte que lle dá nome á cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Elena Pastoriza

Ten 65 anos e naceu en Moaña, Pontevedra. Coñeceu ao seu marido vigués en Montevideo. Hoxe en día viven o seu retiro de xeito tranquilo na capital uruguaia. Con Elena daremos unha volta pola feira de Tristán Narvaja e asistiremos co matrimonio ó clásico derby Peñarol – Nacional.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]