Mónica Ares: «Este galardón é tamén unha homenaxe á miña terra, Carboeiro»

O pasado sábado recolleu no Pazo da Ópera de A Coruña o premio ‘Mestre Mateo’ á mellor Realización por Galegos no Mundo. Un galardón compartido con Toño López, con quen asumíu a dirección, a temporada pasada, do espazo que se emite os martes á noite na Televisión de Galicia. Di dedicarlle o recoñecemento á súa familia, pero tamén «é un premio á miña terra», Carboeiro de Francia. Así é que, dende o sábado, Carboeiro, ten outro Mestre Mateo.-Que se lle pasou pola cabeza nada máis escoitar o seu nome?-Oh, meu Deus! Teño que sair aí enriba e falar! (rise). Son moi tímida, aínda que non o pareza. Impón máis que estar diante da cámara. Estaba atacada e non sei nin o que dixen. Tiven que ver o vídeo despois.-Acordouse de seus pais nos agradecementos…-Se non tivesen apostado porque a rapaza estudase, non estaría aquí. Dedícollo tamén aos galegos, porque este programa non ten sentido sen eles. Dame tanta rabia que se marchen persoas tan capacitadas… Será casualidade, pero todas as que entrevistei teñen unha mente tan aberta… Danme pena os que se teñen que marchar agora, porque poderían quedar aquí facendo país, pero tamén os que se foron fai tempo. Hai xente que está en Arxentina ou Brasil que só voltou un par de veces.-Este premio faina profeta na súa terra, pero tamén é un dobre recoñecemento, tendo en conta os tempos que corren…-Totalmente. Síntome a máis afortunada do mundo, aínda que temos épocas nas que non traballamos. É unha profesión moi bonita, pero moi inestable, aínda que gracias a este traballo levo viaxado máis do que podería en toda a miña vida.-Estase a emitir a quinta temporada. Xa tocaba este galardón?-Competimos cun peso pesado como é Tourilandia, e con Casamos! e Lendas Vivas, que tamén son moi respetables. Estes premios agradécense porque son do sector, dos profesioonais, da xente que coñece a túa traxectoria. Aínda que para min foi unha sorpresa.-Como se presenta o futuro? Seguirá Galegos no mundo na grella?-Mañá (por hoxe) emítese o segundo da temporada, e faltan once. Ao longo das emisión saberemos se gravamos máis. Eu xa estou afeita; nunca tiven un traballo fixo. – ademáis, gústame cambiar de sitio. Recoñezo que estaría toda a vida traballando neste programa.-Din que discípulos do Mestre Mateo traballaron na construcción do mosteiro. Dalgún xeito, vostede entrégalle outro Mestre Mateo a Carboeiro….-Si (rise). É tamén unha homenaxe á miña terra. O que máis ilusión me fixo foi que onte (o domingo), estando nun bar, chamoume Carme de Blanco, unha veciña de Saídres á que facía tempo que non vía, para decirme que estaban todos orgullosísimos de min, que isto significaba moito para eles. – miña nai tamén me dou as grazas… (rise).-Élle difícil disimular o orgullo que sinte por Carboeiro…-Para min é un refuxio. Moitas veces nesta profesión paréceche que estás moi arriba, e acabas levando un ‘batacazo’. É moi imporante saber de ónde ves, e non é un tópico. Cada vez que teño preocupacións ou indecisións vou a Carboeiro.