Milán

milan

Milán

18-08-2011

Milán é a segunda maior cidade de Italia tras Roma. O corazón financeiro do país atópase aquí. Está considerada como unha das capitais da moda xunto a Londres, París e Nova York. A vida nocturna, a área metropolitana, a efervescencia cultural… atraen a moitos mozos de todo o mundo. Pero non todo é modernidade: museos, igrexas e teatros son conservados con mimo, proporcionando ós visitantes unha viaxe ó pasado. Ir de tendas, apreciar pezas de arte ou dar un paseo en bici polo encantador barrio de Navigli son só algunhas das actividades máis atractivas que podemos facer en Milán.

Galegos en Milán

Making Of


Mais información

function mfTempOpenSection(id){var block=document.getElementById("mf-section-"+id);block.className+=" open-block";block.previousSibling.className+=" open-block";}

Coordenadas: 45°28′0″N 9°10′0″L / 45.46667, -9.16667

Milán[1] (en italianoMilano[miˈlaːno] (AFI)It-Milano.ogg escoitar; en lombardoMilàn[miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión de Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1.324.110 habitantes (2010), Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.

Historia

Véxase tamén: Historia urbana de Milán.

Milán foi fundada polos celtas do norte italiano co nome Médelhan polo ano 600 a.C, sendo conquistada polos romanos aló polo 222 a.C, recibindo o nome Mediolanum. No século IV a cidade converteuse por pouco tempo na capital do Imperio Romano de Occidente, e foi saqueada polos hunos no ano 450.

Ocupada polos ostrogodos trala caída dos romanos, pasou despois polas mans dos bizantinos, longobardos e francos antes de converterse nun feudo gobernado por arzobispos a partir do século VIII.

Monumentos

Galería

Economía

Bolsa de Milán

Demografía

A comuna ten 1.324.110 habitantes (2010), pero a área urbana ten máis de 4 millóns, e a área metropolitana uns 7.400.000 (segundo a OECD).

É unha cidade con bastante inmigración, chegados principalmente de Filipinas, China, Albania, Francia, Brasil e Bangladesh.

Deportes

Fútbol

A cidade conta con dous dos equipos mais poderosos e laureados de Europa. Ámbolos dous compiten na Serie A 2011-2012 e na Liga de Campións da UEFA 2011-12, e disputan os seus encontros como locais no Estadio San Siro:

Outros deportes

Notas

  1. 1,01,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para milanés.

Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Milán

Ligazóns externas

source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Milán

Comparte este destino

Alba González GallegoMilán