Miami

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Miami

01-08-2012

Miami é unhas das cidades máis coñecidas do mundo debido á suma de varios factores, entre os que destacan o sol, a praia, o luxo e a festa.

A súa área metropolitana acolle a máis de 5,4 millóns de habitantes, o que a converte na sétima máis grande dos Estados Unidos.

É sede de numerosas oficinas centrais de compañías e bancos, e, tamén, centro internacional do entretemento popular en televisión, música, moda, cine e artes escénicas. O porto de Miami é considerado o porto que alberga o maior volume de cruceiros do mundo.

Miami é un dos lugares de vacacións preferidos dos estadounidenses, e, tamén, lugar do segundo domicilio de moitos famosos e persoas de alto poder adquisitivo.

Preto da cidade están os Everglades, uns humidais onde se poden ver caimáns e crocodilos con moita facilidade, navegando nos típicos airboats.

Galegos en Miami

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Alfredo Seoane

Ten 27 anos e é de Betanzos (A Coruña). Alfredo é piloto comercial e marchou a Miami hai un ano para rematar os seus estudos e traballar como instrutor de voo. Aínda que é consciente de que a súa oportunidade profesional está alí, bota de menos a terriña. Aproveitamos que estamos con Alfredo para voar con el e ver as vistas de Miami dende o aire.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Artemio Barandela

Ten 79 anos, está xubilado e vive coa súa muller Susa en Tropical Park, un oasis verde na área metropolitana de Miami. Os dous son de San Cibrao das Viñas, Ourense, pero levan percorrido moito mundo. Ensinarannos Coral Gables, un barrio cheo de rúas con nomes españois, e os xardíns do Hotel Biltmore.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

José Luis Vázquez

É da Coruña e leva 22 anos en Miami. Está medio retirado, aínda que segue sendo asesor e consultor de importantes empresas. Imos xantar con el ao Restaurante La Dorada, segundo a Academia Americana de Ciencias da Hospitalidade, o mellor restaurante do mundo, que, curiosamente, pertence ao galego Domingo Gándara.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Karen Dopozo

Con 24 anos e nada en Ourense, Karen estuda xornalismo na Universidade de Miami. Leva 7 anos en Estados Unidos, cando marchou na procura de máis oportunidades para crecer a nivel profesional e persoal. Agora vive alí coa súa familia. Con Karen damos unha volta pola zona do mercado de Bayside e imos de festa a unha das mellores discotecas de Miami.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Jose Sampedro

Natural de Ribeira, leva 30 anos en Miami. Antes de establecerse alí, navegou por todo o mundo coa mariña mercante alemá e despois emigrou 10 anos a Nova York. Agora en Miami ten un restaurante, e con el visitamos a reserva dos indios Miccosukee e coñeceremos os humidais máis grandes do mundo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Carlos Martínez

É de Cangas, ten 59 anos e leva en Miami 30 anos. Está xubilado e lévanos de excursión a un dos seus sitios favoritos, o punto máis ó sur dos Estados Unidos, Key West. Para chegar alí iremos por unha autoestrada que pasa por 32 illas.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]