Melbourne

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Melbourne

25-11-2013

Melbourne é, segundo numerosos medios de comunicación, a “mellor cidade do mundo para vivir”. A que foi capital provisional de Australia entre 1901 e 1927, conta con 4 millóns de habitantes, e é recoñecida como capital da cultura e do deporte de Australia. De feito foi sede de varios eventos internacionais como os Xogos Olímpicos de 1956 ou os Xogos da Commonwealth de 2006.

Melbourne foi fundada por colonos libres en 1835, 47 anos despois do primeiro asentamento europeo en Australia. Transformouse rapidamente nunha das principais metrópoles de Australia pola febre do ouro de 1850. Hoxe é unha cidade que mestura a arquitectura vitoriana e a contemporánea.

Melbourne ten unha diversidade cultural amplísima: residen cidadáns de 233 países diferentes, que falan máis de 180 idiomas e dialectos, e practican 116 confesións relixiosas.

Galegos en Melbourne

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Juan Pablo Balsa

Deixou o seu traballo como enxeñeiro en Galicia e marchou á aventura. Leva xa 1 ano en Melbourne, combinando os estudos co traballo. Amósanos o río Yarra, a famosa Federation Square e collemos o tranvía máis antigo da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Santiago Nine

O seu traballo como cociñeiro levouno a Australia. Vive en Ballarat dende hai 3 anos, unha das cidades con máis historia do estado de Vitoria, a dúas horas en coche de Melbourne. Visitamos Sovereing Hill, unha recreación de Ballarat nos tempos da febre do ouro, imos ao Ballarat Wildlife Park e rematamos no restaurante onde traballa o rianxeiro.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Mayalen Piñeiro

Tras coñecer ao seu mozo en Londres, fixeron as maletas e chegaron a Melbourne. A canguesa de 23 anos lévanos ver o barrio de Fitroy, e o fantástico xardín botánico.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Pablo Vieites

Coruñés de 29 anos, foi a Melbourne hai 2 anos facer un curso de inglés. Alí coñeceu ao seu actual marido e decidiu quedar por amor. Visitamos a granxa do seu cuñado, no rural australiano, e tomamos algo nun típico pub da zona.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Luisa Pallarés

Nos anos 70, ela e o seu home emigraron a Inglaterra. Cando lles saíu unha oferta de traballo en Melbourne, non o pensaron dúas veces. Ambos traballan na cidade, pero xa están pen-sando en volver a Galicia cando se retiren. Imos ao mercado de Vitoria con eles e descubrimos a fermosa zona de Brighton Beach.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]