Marsella

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Marsella

18-07-2012

Marsella é a segunda cidade máis poboada de Francia, cuns 860 000 habitantes. Ademais é un centro económico de relevancia e conta cun porto que é o máis importante do Mediterráneo e o terceiro de Europa.
Cezanne ou Picasso inspiráronse na súa paisaxe, e é que Marsella é quen de engaiolar ao viaxeiro con solpores como os dos campos da Provenza ou o de Santa María La Garde.
Os barrios marselleses gozan dunha gran popularidade debido ao seu encanto. Un dos máis importantes é o barrio de Le Panier, cheo de tendas artesanais con cousas típicas da zona. Un dos produtos gastronómicos estrela é o chocolate artesanal, moi demandado polos veciños de Marsella e polos turistas.
En Marsella destacan a Catedral de Santa María A Maior, e as típicas casas provenzais que utilizaban os burgueses para retirarse as fins de semana.

Galegos en Marsella

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel López

Ten 54 anos e é natural da Coruña. Chegou a Marsella para facer a especialidade en Radioloxía, e cando aprobou decidiu quedar por 5 anos e xa leva máis de 25. Di que o mellor de Marsella é o ceo sempre limpo e as calanques (pequenas rías preto da cidade). Con Manuel coñeceremos o barrio vello e unhas vistas incribles da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

José Mosquera

Ten 38 anos e naceu en Galicia, concretamente no Grove, pero con dous anos a súa familia e máis el xa se trasladaran a Marsella. Aínda así, gustaríalle volver a Galicia, pero en Marsella ten familia, e ademais, un restaurante de comida francesa, o Nova Delhi. Visitaremos con el a Catedral de Santa María.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

María Rodríguez

Ten 30 é de Ames e leva un ano e medio en Marsella. Traballa como axente de importación e con ela facemos un percorrido en barco cara a Calanques e visitamos o mercado árabe entre outras cousas.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Silva

Ten 59 anos, é natural de Moraña (Pontevedra) e traballa como albanel. Xa leva 39 anos en Marsella. Cando emigrou non había traballo en España, e marchou porque lle ofreceron un contrato. Cústalle estar lonxe da familia e pensa que a calidade de vida é mellor en Galicia ca en ningunha outra parte. Ensinaranos o centro de Marsella e o Museo Cezanne.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

José Calvo

De 78 anos de idade e xubilado. Naceu en Mugardos e traballaba para as Forzas Eléctricas de Cataluña, cando o destinaron a Francia para facer reparacións. Andou dun sitio para outro de Francia ata que se estableceu en Marsella . Agora vive preto do mar coa súa muller, por iso é o máis indicado para amosarnos as praias mais fermosas da zona.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Angelines Martínez

É ferrolá, ten 58 anos e traballa como ama de casa. Vive en plena cidade, nunha das casas provenzais típicas de Marsella. Teremos a oportunidade de que Angelines nos abra as súas portas para ver como é o privilexio de vivir nun sitio así.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]