Marrákex

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Marrákex

02-04-2013

No sur de Marrocos, ao pé do Atlas, áchase unha das cidades máis importantes do país, Marrákex. Con máis de 1.545.000 habitantes, xunto con Meqinez, Fez e Rabat é unha das catro cidades imperiais de Marrocos.

Antiga capital do Imperio Islámico, Marrákex posúe numerosos monumentos declarados Patrimonio Mundial da Humanidade pola Unesco, o que a converte no principal atractivo turístico do país. Atesoura ademais o mercado tradicional ou zoco máis grande de Marrocos e unha das prazas máis concorridas do continente africano e do mundo, a Djemaa el Fna, espazo que ao caer a noite convértese nun inmenso restaurante ao aire libre.

Na actualidade, Marrákex vive principalmente da súa actividade turística, dos produtos agrícolas que exporta a Europa e da industria das conservas vexetais. É o centro comercial da súa rexión e epicentro do transporte de mineral extraído no Atlas.

Galegos en Marrákex

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

María Jesús Sánchez

Atopou unha nova vida en Marrocos e non pensa en marchar de aquí. Esta viguesa de 54 anos é unha gran coñecedora do país e quere amosarnos a natureza máis frondosa dun país con deserto. Vainos levar de aventura ás fervenzas de Ourika, situadas a 30 quilómetros de Marrákex.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Marcos Álvarez

Comprar no zoco de Marrákex é sinónimo de regateo. Para este formador de 29 anos, natural de Gondomar, explícanos todos os trucos para que esta tradición marroquí non acabe coa nosa paciencia e, sobre todo, cos nosos petos. Logo do regateo, achegámonos ate un Hammam, un dos moitos baños árabes que hai na cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Eva Cañizares

Unha oiense de 35 anos, colleuna por sorpresa o traslado do seu marido a Marrákex e non o pensou nin un minuto. Aquí, onde traballa como profesora de español, descubriu unha cidade de contrastes da que xa namorara o mesmísimo Yves Saint Laurent. Con ela, ademais doutras moitas cousas, coñecemos a casa do deseñador francés.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Liliana Cabrera

Sabe sete idiomas, entre eles xaponés, chinés ou búlgaro, e o árabe non se lle ha resistir. Con Liliana Cabrera, profesora de español viguesa de 40 anos, coñecemos os oficios ancestrais de Marrákex e tamén a Mamunia, un dos hoteis máis luxosos do mundo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Soedade Noia

En Essaoira está o maior porto exportador de sardiña do mundo e as praias que cada verán son tomadas polos surfeiros e windsurfeiros de todas as procedencias. Durante cinco anos Soedade Noia, xornalista compostelá de 40 anos, viaxou a Essaoira como turista e agora é ela a que ten unha acolledora casa de hóspedes aquí, case sempre chea de galegos. Soedade descóbrenos a Praia de Marrákex

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]