Manchester

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Manchester

21-11-2012

Manchester é unha cidade situada no corazón do Reino Unido, cun gran movemento universitario, unha forte tradición musical, e cun dos equipos de fútbol con máis seguidores do mundo: o Manchester United.

Esta gran urbe destaca polo seu ritmo e actividade, Manchester é un lugar cheo de vida e sempre podes atopar algo que facer. Ademais está moi ben comunicada e converteuse en toda unha referencia nas Illas Británicas a nivel comercial, e sobre todo musical: o chamado son Manchester, e bandas como The Smiths ou Oasis son famosas no mundo enteiro.

Manchester é un importante centro financeiro, artístico e educativo. A cidade está considerada como o mellor lugar no Reino Unido para establecer un negocio. Por isto converteuse nos últimos anos nun dos destinos preferidos para a emigración en Inglaterra.

Galegos en Manchester

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Fátima Rodríguez

Ten 27 anos e é de Negreira. Leva 8 meses en Manchester estudando inglés mentres busca traballo. Ela é avogada, aínda que tamén se formou como produtora audiovisual. Con Fátima coñecemos o Manchester máis alternativo: tendas vintage e a zona de Curry Mile onde iremos a un restaurante palestino e a un club de jazz.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Lorena Álvarez

Ía a Manchester para unhas semanas pero a cidade conquistouna e xa leva seis meses alí. Lorena é de Ourense, a súa profesión é psicóloga, e actualmente traballa con nenos pequenos. Ademais é moi creativa e no tempo libre escribe a súa primeira novela. Con ela visitamos a biblioteca John Rylands, a Catedral de Manchester, e o Canal Street.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Sonsoles Alonso

É unha psicóloga de Vigo, de 24 anos, que nunca pensou rematar en Manchester, xa que recoñece que o inglés nunca foi o seu. Aínda así decidiu meterse de cheo no país, na cultura e na cidade de Manchester, e agora pensa que este lugar ten algo especial que atrapa. Sonsoles lévanos a ver, entre outras cousas, a zona dos canais e o seu traballo no restaurante español La Tasca.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Mario Fernández

Con 25 anos, e despois de estudar administración de empresas, deixou a súa cidade natal, Vigo, e chegou a Manchester case por casualidade. Atopou traballo enseguida nunha empresa de alugueiro de coches e fixo amigos pronto, así que de momento non ten idea de marchar desta cidade chea de cousas que facer. Mario lévanos ó Market Street e ó Estadio de Old Trafford.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Marcos Vázquez

É veciño de Cee, ten 30 anos, e é químico. Chegou a Manchester cun contrato de traballo hai case un ano. Alí vive coa súa moza, Alexandra Pose. Veremos o laboratorio no que traballa e o museo da industria de Manchester.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Clara Mackey

Leva o apelido do seu home, un escocés residente en Inglaterra. Pero esta educadora infantil de 36 anos é en realidade da Peroxa, en Ourense. Ela e o seu home viven cos seus fillos lonxe do barullo da cidade, nunha fermosa vila chamada Adlington, onde traballa na súa propia casa-gardería. Imos visitala á súa casa, xogaremos con ela ao crícket, e veremos os arredores de Adlington na Campiña Inglesa.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]