Malta

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Malta

16-05-2012

Malta é un país formado por un conxunto de illas situado no centro do Mediterráneo, e que figura como un dos lugares con maior densidade de poboación da Unión Europea.

Ademais das praias e das augas cálidas e cristalinas, a capital, La Valleta é o lugar máis emblemático de Malta. Está situada nunha península rochosa, e foi a primeira cidade de Europa que se construíu de xeito planificado, de feito aínda conserva a súa estrutura en perfecto estado na actualidade.

Malta é un dos destinos turísticos do mediterráneo máis chamativos, xa que ademais de todo o que ofrece, ten como segundo idioma o inglés o que provoca que moita xente vaia alí a aprendelo.

Galegos en Malta

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Tomás de Cózar

Ten 32 anos e é natural da Coruña. A primeira vez que visitou Malta foi por vacacións, pero gustoulle e decidiu ir á aventura. Agora en Malta, a súa formación en informática levouno a traballar nunha empresa de xogos en rede. O inverno maltés non lle gusta por mor da choiva, pero encántalle o verán. Con el visitamos as zonas de Mdina, Tal Qali e Mosta.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Elena Rial

Ten 26 anos, e traballa de camareira nun restaurante moi céntrico e moi especial de La Valleta. Despois de contemplar con ela as mellores vistas da capital maltesa, levaranos de festa.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Ricardo Rodiño

Ten 33 anos, é de Cambados, e chegou a Malta por pura casualidade. Pero unha vez alí atopou traballo de axente turístico, o que lle permitiu coñecer profundamente tanto o país como a cultura e a xente. Con el coñeceremos os lugares máis emblemáticos da capital de Malta.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Carolina Pérez

É de Ferrol e ten 20 anos. Chegou a Malta coa beca Erasmus e en pouco tempo xa lle deu tempo a decatarse do ritmo tranquilo da illa. O que máis lle gusta polo de agora é o clima e o que menos, en comparación con Galicia, as praias. Carolina amosaranos a residencia universitaria e algunhas tendas orixinais e interesantes para facer unhas compriñas.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Carmen Díaz

Con 28 anos, esta ferrolana é licenciada en Xornalismo e para completar os seus estudos decidiu viaxar e aprender inglés. Así foi como chegou a Malta. Alí atopou traballo como dependenta nunha tenda e comezou a ir a unha escola. Di que os malteses teñen un sentido do humor bastante parecido ao noso. Comprobarémolo con ela visitando o mercado de peixe de Marsaxlokk.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Pablo Ubeira

Ten 27 anos e é natural de Redondela. Chegou cunha bolsa para traballar no departamento de marketing do Hotel Hilton. Cando rematou, decidiu quedar a buscar traballo e agora adícase ao marketing online. O que peor leva é a falta de zonas verdes, pero gústanlle as temperaturas que hai durante todo o ano. Con el faremos submarinismo no Blue Lagoon, unha Lagoa de augas espectacularmente azuis.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]