Madeira, A

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Madeira, A

31-10-2012

A Madeira é un arquipélago que pertence a Portugal e que está situado á altura de Marrocos, no medio do océano Atlántico. Aquí o clima é cálido, e o ambiente moi tranquilo. Por iso é un dos destinos máis visitados polos turistas europeos durante todo o ano.

Ademais A Madeira estase a converter nos últimos anos nun lugar moi alternativo, ao máis puro estilo do Barrio Alto lisboeta, cunha gran actividade cultural, e moita oferta de ocio nocturno.

Sen dúbida outra das atraccións da Madeira é a súa paisaxe e a súa exuberante vexetación, sobre todo no interior da illa principal e en Porto Santo, que conta cunha praia espectacular ao estilo das que podemos atopar no mar Caribe.

Galegos na Madeira

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Mario Franco

É un galego do Barco de Valdeorras que chegou hai 13 anos á Madeira e desde entón está vinculado á Universidade, onde dá clases de alemán. El proponnos unha viaxe preciosa polos lugares menos coñecidos da Madeira, na zona norte. Aquí veremos como son as casas típicas madeirenses e comeremos unha das delicias locais, a espetada.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Rodolfo Melendrez

Traballa na escola de Hostalaría da Madeira dando clases de cociña e repostaría. Ten 30 anos e como bo coruñés, bota moito de menos a súa terra. Con el coñeceremos a Madeira desde o mar: veremos delfíns e tomaremos algo no punto máis ao sur de Portugal.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Sandra Mendes

É unha lucense que traballa organizando excursións pola Madeira. Ela, que coñece moi ben o lugar, acompañaranos ao pico máis alto da illa e contemplaremos un dos espectáculos máis incribles da Madeira, o amencer.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Malú Moya

O arquipélago da Madeira componse de 7 illas, e unha delas, Porto Santo, ten unha praia espectacular. Para ir alí hai que coller un barco que tarda tres horas, pero merece a pena polo destino e pola compaña de Malú Moya, unha viguesa que leva 22 anos aquí.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Katia Sá

Funchal, é a capital da Madeira, unha urbe que nos últimos anos estase convertendo nun destino bohemio e alternativo. Para coñecer a cidade imos con Katia Sá, unha artista coruñesa que leva 9 anos na illa, e que nos vai amosar como é iso de que alí pintan cadros nas portas das casas. Tamén nos dará a proba dun dos produtos máis coñecidos da illa: o viño da Madeira.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]