Luxemburgo

luxembourg_ville

Luxemburgo

18-11-2013

Hoxe visitamos Luxemburgo, un pequeno país rodeado por Francia, Alemaña e Bélxica. Con medio millón de habitantes, 103.973 na área metropolitana, a superficie de todo o país é a metade da provincia de Pontevedra.

O territorio que actualmente ocupa o gran ducado foi orixinalmente poboado polos tréveros, unha tribo de orixe belga. Eles habitaron a rexión ata o ano da conquista romana no 53 a. C.

Luxemburgo é unha das cidades máis ricas de Europa, así como un importante centro financeiro e administrativo. Contén varias institucións da Unión Europea, como o Tribunal Europeo de Xustiza, o Tribunal de Contas Europeo e o Banco Europeo de Inversións: as decisións que aquí se toman aféctannos moito máis do que nos imaxinamos.

O país ten tres linguas oficiais: o luxemburgués, o alemán e o francés.

Galegos en Luxemburgo

Making Of


Mais información

function mfTempOpenSection(id){var block=document.getElementById("mf-section-"+id);block.className+=" open-block";block.previousSibling.className+=" open-block";}

Coordenadas: 49°36′42″N 06°07′48″L / 49.61167, -6.13000

A cidade de Luxemburgo (en luxemburgués: Lëtzebuerg, en alemán: Luxemburg, en francés: Luxembourg) é a capital do pequeno estado centroeuropeo do Gran Ducado de Luxemburgo. Situada na confluencia dos ríos Alzette e Pétrusse, Luxemburgo, e, simple e correntemente, denominada d’Stad (« a Cidade » en lingua luxemburguesa); máis raramente é chamada o Xibraltar do Norte ou o Corazón verde de Europa (a causa das súas fortificacións e polo seu verdor).

En 2009 estaban censados na cidade 88.586 habitantes, dos cales un 62,5 % eran estranxeiros. Coa poboación dos arredores alcanza arredor de 110.000 habitantes.

Xeografía

A cidade de Luxemburgo asenta na parte sur da meseta de Luxemburgo, unha grande formación de pedra de gra orixinada no Xurásico Inicial, que constitúe o corazón do denominado Gutland, unha área baixa e plana que cobre 2/3 do país.

O centro urbano ocupa un promontorio con cantís que caen sobre os estreitos vales do Alzette e do Pétrusse, ríos que se xuntan no terreo da cidade. As profundas gargantas, de até 70 m de profundidade, cortadas polos ríos, están unidas por numerosas pontes e viadutos, como a ponte de Adolphe, a ponte da Gran Duquesa Charlotte, e a Pasarela (Passerelle). Aínda que Luxemburgo non é grande, con esa topografía complexa, a cidade asenta en varios niveis definidos polos outeiros e as gargantas dos ríos. Ademais extensas áreas conteñen parques, zonas forestais e sitios particulares (algúns catalogados pola UNESCO), ademais dos asentamentos agrícolas que aínda se conservan dentro do recinto urbano.

Predecesor:
Flag of Portugal.svg Lisboa
EU Insignia.svg
Capital Europea da cultura

1995
Sucesor:
Dinamarca Copenhaguen
Predecesor:
Grecia Patras
EU Insignia.svg
Capital Europea da cultura
xunto con Flag of Romania.svg Sibiu

2007
Sucesor:
Flag of the United Kingdom.svg Liverpool
Flag of Norway.svg Stavanger

Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Luxemburgo

Ligazóns externas

source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Luxemburgo_(cidade)

Comparte este destino

Alba González GallegoLuxemburgo