Londres

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Londres

01-07-2010

Galegos no Mundo comeza a súa andaina viaxeira en Londres, a gran metrópole de Europa e probablemente a cidade máis icónica do mundo. Do Big Ben ás Casas do Parlamento, de Picadilly Circus á Abadía de Westminster, e por suposto Buckingham Palace coa súa familia real, o vermello das súas cabinas e os seus míticos taxis. Cosmopolita e chea de contrastes, un referente cultural e urbanístico, onde modernidade e pasado conviven sen conflito na City ou na beira do Támesis.

Galegos en Londres

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Alex Otero

Alex Otero. Marchou para traballar pero quería estudar. Tras unha dura proba de selección, este rapaz de Santiago de Compostela ingresa nunha das máis prestixiosas universidades británicas e estuda Tradución e Interpretación. Galegos no Mundo vai con el ao mesmo centro de Londres, a Covent Garden e a Picadilly Circus, punto de encontro da xuventude londiniense.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Inma Gil

Inma Gil. Esta xornalista traballa na sección internacional da prestixiosa canle da BBC. Con esta viguesa, fundadora do grupo social en internet “Galegos morriñentos en Londres”, coñecemos o barrio do Temple, centro da xudicatura británica, atravesamos a ponte do Millenium e imos de marcha por algún dos típicos pubs londinienses.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Mª Carmen Rodríguez

Hai 17 anos Mª Carmen Rodríguez marchou de Culleredo a Londres un pouco á aventura. Pero namorou e formou unha familia. Ten 2 fillos e 1 neto. Traballou duro e non descoidou a súa formación. Hoxe é a responsable de contratación de persoal para unha grande área comercial. Unha magnífica cicerone para presenciar o cambio de garda de Buckingham Palace e pasear polo mercado máis popular de Londres, Portobello, onde atopamos máis galegos.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Aarón García

Aarón García leva 10 anos en Londres. Traballa para o Ministerio de Educación británico. Despois de compaxinar distintos traballos, desde camareiro ata voluntario de Amnistía Internacional. Con este vigués visitamos Canary Wharf, un dos distritos financeiros máis importantes construídos nos antigos embarcadoiros da cidade.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Chema Soto

No seu estudio londiniense recíbenos Chema Soto, pontevedrés de 34 anos, que traballa con importantes arquitectos británicos. 8 anos despois de chegar, Chema ten entre os seus clientes tanto empresas españolas como inglesas. Guíanos polo Barrio de Kensington, unha das zonas máis exclusivas e caras de Londres.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Susan Fernández

Namorada de Londres e da súa historia, Susan Fernández vén de conseguir a vivenda do seus soños, xusto á beira do Támesis, ao carón da Torre de Londres. Con esta coruñesa, axente de viaxes, Galegos no Mundo descobre a puxanza dun barrio, antes suburbio, Brick Lane que se está a converter nun novo Soho. E percorre o Columbia Market, máis coñecido como o mercado das flores.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]