Lisboa

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Lisboa

12-08-2010

Lisboa mira cara o Atlántico. Berce de navegantes e exploradores, durante séculos foi o centro do comercio marítimo internacional. Fermosas construcións recordan este pasado de esplendor. Galegos no mundo pasea por unha das capitais europeas de maior encanto. As súas prazas, as rúas, os infinitos recunchos sorprenden ao visitante que lle agrada comprobar como esta gran cidade non esquece a cordialidade nin as tradicións das pequenas cidades. Lisboa divídese en catro barrios principais: O Barrio Alto, fundado por ricos burgueses galegos no século dezaseis, Belem, a Baixa-Chiado e Alfama, barrio de orixe árabe e o máis antigo da cidade. Pero a beleza deste lugar non remata na capital lisboeta senón que se estende aos seus arredores: Estoril, Sintra, Cascais ou Setubal.

Galegos en Lisboa

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Hortensia Martínez

Hortensia Martínez marchou de Cobelo a Lisboa sendo unha nena de 5 anos. Aínda que hoxe aos seus 67 estea xubilada, esta muller emprendedora non se resignou a quedar na casa e traballou ata converterse nunha das primeiras executivas dunha multinacional norteamericana.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Jacobo Camba

Jacaobo Camba ten 29 anos e leva máis de catro en Lisboa onde traballa para unha empresa galega. Con este coruñés pasearemos pola Baixa, tomaremos o elevador de Santa Xusta e subiremos ata a Alta xusto á hora da posta de sol. Alí na travesía nocturna asistiremos a unha velada de fado.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Miguel Seco

Outro compostelán, Miguel Seco, responsable de negocios da principal entidade bancaria de Portugal. Leva máis de 12 anos no país veciño, recíbenos na súa residencia de Sintra acompañado da súa muller e da súa filla. Con eles percorremos esta fermosa vila e coñecemos un dos seus edificios máis característicos, a quinta da Regaleira.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Miguel Arce

Profesor de Lingua e Literatura galegas na universidade desde hai 3 anos, Miguel Arce lévanos ata o Cabo da Roca. O “ Fisterra portugués”. Como gran afeccionado que é ao mundo do automóbil, acompañamos a este compostelán de 30 anos a unha das mostras máis importantes de coches modernos e antigos no Campo das Nacións símbolo da modernidade de Lisboa.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Begoña Iñiguez

Begoña Iñiguez. 39 anos, xornalista. Correspondente da Cope, colaboradora do Correo Gallego e outros medios locais. Orixinaria da comarca de Bergantiños. Mudou a Lisboa hai 7 anos cando o seu marido foi destinado a esta cidade pola súa empresa. Compartimos con Begoña unha comida habitual con outros colegas e personalidades da vida social e política de Lisboa.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Carrera

Natural de Mondariz, hai 55 anos marchou para Lisboa. Hoxe aos seus 66 Manuel Carrera, que estivo sempre vinculado co sector da hostalería, é dono dun restaurante: “A faba rica”. Amante dos libros e da historia de Lisboa, é o mellor cronista para coñecer de primeira man a historia pasada e presente dos galegos en Portugal e da súa contribución ao desenvolvemento de Lisboa.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]