Lión

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Lión

10-06-2013

Lión sitúase ao pé dos Alpes, ten 2.100.000 habitantes e, despois de París e Marsella, é a terceira cidade máis poboada de Francia, e a segunda área urbana do país. É tamén a segunda cidade universitaria do país galo, acollendo anualmente máis de 120.000 estudantes espallados en tres universidades e múltiples escolas.

Lión conta ademais cun patrimonio histórico e arquitectónico suliñable, tendo inscritas 427 hectáreas da súa superficie como Patrimonio Mundial da Humanidade da Unesco. É o caso da Colina de Fourvière, do Vieux Lyon, ou da Croix-Rousse, patrimonio urbano ligado aos Canuts ou obreiros da seda. Lión tivo o monopolio do negocio da seda ate a aparición da industria téxtil e de produtos químicos, e na actualidade é un importante centro industrial especializado nas industrias química, farmacéutica e biotecnolóxica.

Algúns dos chefs con máis sona do mundo, tales como Paul Bocuse, teñen o seu berce en Lión, dende onde proxectaron algúns dos pratos máis valorados internacionalmente como son os quenelles, os grattons ou a salsa lionesa, o que lle serviu para ostentar o título de capital mundial da alta cociña.

Lión é ademais sede de varios organismos internacionais como Interpol, Euronews e a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro.

Galegos en Lión

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

María Jesús

É unha coruñesa de 47 anos que debido ao seu traballo e o do seu home converteuse nunha auténtica nómade. En Lión atopou un bo lugar onde asentarse cando menos ata que volva a Galicia. María Jesús amósanos o berce da nova cociña francesa e do cine.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Javier Fidalgo

Veu a Lión atraído polo que hoxe se considera o paraíso para os investigadores bioquímicos. Este vigués de 31 anos non tardou en descubrir que ademais dunha boa universidade, a cidade francesa ten unha interesante actividade nocturna que imos coñecer con el.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Francisco Acuña

De 25 anos, chegou na procura dun traballo e esta cidade aos pés dos Alpes seduciuno completamente. Vestixios do imperio romano, unha virxe dourada e unha réplica da torre Eiffel son algunhas das paradas que facemos con este pontevedrés.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Manuel Ameneiro

Sabía algo de francés e buscou na internet unha cidade á súa medida para probar sorte. Lión deulle traballo e amor. Hoxe, este técnico audiovisual ferrolán de 31 anos, amosaranos o vello Lión e os seus recantos secretos.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

María García

Naceu en Tordoia hai 70 anos. Probou sorte en Montevideo pero a capital uruguaia non a convenceu. En Lión esperábaa Manuel, un antigo mozo co que o destino a volveu xuntar e onde leva xa 46 anos. María ensínanos a leira da súa casa onde non faltan os grelos nin os pementos de padrón.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Antonio Fernández

Ourensán retirado de 75 anos, aínda lembra o maio do 68. Chegou a Lión por recomendación dun curmán e aquí leva xa toda unha vida coa súa muller. Con eles pasearemos polo inmenso parque da Cabeza Dourada e coñeceremos aos amigos que se converteron na súa familia aquí.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]