Istambul

[vc_row][vc_column width=»1/1″]

Istambul

23-09-2010

Primeiro foi Bizancio, despois Constantinopla, ten as pegadas do imperio romano e do Otomano. É a única cidade do mundo asentada entre dous continentes, o que lle outorga unha grande riqueza cultural. O estreito do Bósforo separa Asia de Europa e une o Mar Negro co mar de Mármara. As tres mil mesquitas e os solpores debuxan unha silueta da cidade que deixa sen alento ao visitante.

Galegos en Istambul

[vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Moncho Barbosa

Despois de pasar por Valencia, Portugal e Dubay, Moncho estableceuse en Istambul, onde se encargou de poñer en marcha o único acuario que existe en Turquía.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Patricia Campos

Patricia leva catro meses na cidade. Pasamos un día de traballo con ela recollendo estrelas de mar para o acuario de Istambul, tamén visitaremos o Gran Bazar e a Mesquita Azul.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Jesús Pérez

Jesús traballa como enxeñeiro informático desde a súa casa a unha hora en barco de Istambul, nun auténtico paraíso, as Illas Príncipe. Na illa hai moitos que falan ladino, un dialecto xudeu-español falado polos sefardís expulsados da Península Ibérica.

[/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner padding_top=»0px» padding_bottom=»0px» border=»none»][vc_column_inner width=»1/3″]

Jesús Illán

Pasaremos un día de luxo e glamour con Jesús Illán, que traballa nun ximnasio onde fai exercicio a alta sociedade de Istambul. Para empezar o día, tomaremos un almorzo turco á beira do estreito do Bósforo.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″]

Kique Pinto

Kique deixou un traballo estable nunha grande empresa téxtil galega para buscar outros horizontes. O seu traballo de deseñador web permítelle establecerse en calquera parte do mundo. De momento, tocoulle Istambul, con el viaxaremos á parte asiática.

[/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/3″][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/1″]

Making Of


Mais información

Comparte este destino

[/vc_column][/vc_row]